O BNG de Bergondo presenta a súa candidatura para as vindeiras municipais
David Carro: ”Somos un grupo de persoas que cremos firmemente que Bergondo merece máis, que sabemos como conseguilo, e que saimos a por todas, con forza, con ilusión, con Bergondo no corazón”
Betanzos, 13 de abril de 2023.- O BNG de Bergondo presentou o equipo que acompaña a David Carro, candidato a alcaldía nas próximas eleccións municipais e actual portavoz municipal, e que combina experiencia e renovación con novas incorporacións que se achegaron ao BNG ao longo deste mandato. "A familia do BNG medra, para conseguir unha nova Galiza, e en Bergondo non ía ser menos, con novas incorporacións de xente moza, sobre todo mulleres, que chegan con forza para darlle a Bergondo o cambio que merece", indicou o portavoz nacionalista e candidato a alcaldía David Carro. "Somos un grupo de persoas que cremos firmemente que Bergondo merece máis, que sabemos como conseguilo, e que saimos a por todas, con forza, con ilusión, con Bergondo no corazón", expuxo Carro.
Desde o eido social e educativo incorpóranse Tania Golpe, número 2 da candidatura, terapeuta ocupacional; Marta Pumares, número 4, catedrática de lingua galega e literatura no CPI Cruz do Sar, ou Marina Varela, número 8, mestra con grao en educación infantil. Tamén se incorporan a técnica superior Laura Nogueira, Miguel Álvarez ou Xoan Guitian, profesor de idiomas.
Completan a candidatura os xa históricos Miguel Anguel Nogueira, coordinador de equipo nunha empresa de deseño de parques e xardíns, Francisco Barreiro "Curuxo", ou Ana Tacón, traballadora do SAF; Lourenzo Castro no posto 7, Manuel Casais no 9, ou Angel Tome no 11, pechando a mesma Marga Esteban, xubilada da sanidade pública. Xa nas suplencias atópanse Paz Pita, catedrática do Conservatorio superior de Música da Coruña, e Ana Seoane.
Esta é a candidatura completa do BNG de Bergondo:
1.- David Carro Temprano
2.- Tania Golpe Pérez
3.- Miguel Ángel Nogueira Canle
4.- Marta Pumares Varela
5.- Francisco Barreiro Prado, "Curuxo"
6.- Laura Nogueira Illanes
7.- Lourenzo Castro Pérez
8.- Marina Varela Fontenla
9.- Manuel Casáis Domínguez
10.- Ana Tacón Regueiro
11.- Ángel Tomé Ares
12.- Miguel Álvarez De Novoa
13.- Marga Esteban Fernández
S1.- Paz Pita Vázquez
S2.- Xoan Guitian Carril
S3.- Ana Seoane Bermúdez