O BNG é unha organización asemblearia. Quere dicir isto que as decisións a nivel local son tomadas pola Asemblea Local, que se reúne periodicamente e na que militantes e simpatizantes poden participar e opinar libremente.
Segundo os Estatutos do BNG, a Asemblea Local é o órgano básico da organización territorial do BNG. As súas funcións son a discusión e crítica política en xeral, e todas aquelas cuestións que atinxiren a expresión da vontade política do BNG na localidade. Elixe, ademais, a persoa responsábel local, que ostentará a representación e portavocía do BNG en Coirós. Actualmente a portavoz do BNG en Coirós é Pura Ferreño Saia.
Pura Ferreño naceu en Coirós o 17-11-1968.Enxeñeira Técnica Agrícola e Enxeñeira Agrónoma. Traballa como Asesora de Explotacións Gandeiras.Concelleira do BNG en Coirós desde o 2003, sendo a primeira muller en formar parte da corporación municipal. Participante activa do movemento feminista e tamén do activismo agrario e rural. Na actualidade tamén forma parte de distintos organismos do BNG (Consello das Mariñas, Consello Comarcal da Coruña e Consello Nacional)
contacto: email Twitter Facebook
Grupo Municipal
O Grupo Municipal do BNG de Coirós está conformado por Pura Ferreño Saia e Sonia López Marcote.
Indemnizacións por asistencia a Plenos
A concelleira do grupo municipal do BNG de Coirós percibe 100 euros pola súa asistencia a cada Pleno. Esta é a información no web municipal. Conforme á Carta Financeira do BNG, estes cartos son doados integramente polas concelleiras do BNG á organización para sostemento da súa actividade política.
Actuación institucional
Neste enlace podes ler as actas dos plenos desta lexislatura.
Transparencia
Nesta ligazón tes cumprida información sobre as finanzas do BNG: balance anual, evolución de débeda e outros indicadores.
Novas
Consulta aquí as novas do BNG de Coirós