O BNG é unha organización asemblearia. Quere dicir isto que as decisións a nivel local son tomadas pola Asemblea Local, que se reúne periodicamente e na que militantes e simpatizantes poden participar e opinar libremente.
Segundo os Estatutos do BNG, a Asemblea Local é o órgano básico da organización territorial do BNG. As súas funcións son a discusión e crítica política en xeral, e todas aquelas cuestións que atinxiren a expresión da vontade política do BNG na localidade. Elixe, ademais, a persoa responsábel local, que ostentará a representación e portavocía do BNG en Abegondo. Actualmente a portavoz do BNG en Abegondo é Cristina López Sánchez.
Cristina López Sánchez, responsábel e portavoz do BNG en Abegondo. Sada, 1977. Licenciada en Humanidades, é funcionaria de carreira da Xunta e actualmente traballa como conserxe no IES de Viós.
contacto: email Twitter Facebook
Transparencia
Nesta ligazón tes cumprida información sobre as finanzas do BNG: balance anual, evolución de débeda e outros indicadores.
Novas
Aquí podes consultar as novas do BNG de Abegondo