O BNG é unha organización asemblearia. Quere dicir isto que as decisións a nivel local son tomadas pola Asemblea Local, que se reúne periodicamente e na que militantes e simpatizantes poden participar e opinar libremente.
Segundo os Estatutos do BNG, a Asemblea Local é o órgano básico da organización territorial do BNG. As súas funcións son a discusión e crítica política en xeral, e todas aquelas cuestións que atinxiren a expresión da vontade política do BNG na localidade. Elixe, ademais, a persoa responsábel local, que ostentará a representación e portavocía do BNG en Bergondo. Actualmente o portavoz do BNG en Paderne é Manel Pérez.
Manel Pérez Martínez naceu en Irixoa no 1973. Desde 1995 traballa como xardineiro. É concelleiro do BNG desde as eleccións municipais de 2015.
contacto: email Twitter Facebook
Indemnizacións por asistencia a Plenos
O concelleiro do BNG de Paderne percibe 30 euros pola súa asistencia a cada Pleno. Conforme á Carta Financeira do BNG, estes cartos son doados integramente polo concelleiro do BNG á organización para sostemento da súa actividade política.
Transparencia
Nesta ligazón tes cumprida información sobre as finanzas do BNG: balance anual, evolución de débeda e outros indicadores.
Novas
Podes consultar aquí as novas do BNG de Paderne
Acordo investidura 2023