Para o BNG as comarcas son instrumentos básicos para contribuír á vertebración territorial do país. As comarcas representan o noso modelo, o máis acaído á nosa realidade. A comarcalización dos servizos é imprescindíbel se queremos conseguir un desenvolvemento equilibrado do territorio.
Betanzos ten que recuperar o seu papel de cabeceira comarcal das Mariñas e tomar a iniciativa para poñer en común servizos e políticas públicas cos concellos da súa comarca. Aranga, Abegondo, Bergondo, Coirós, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras e Paderne, ademais de Betanzos, centrarán estas propostas comarcais que se poderían estender a outros concellos do noso partido xudicial.
Defendemos a creación dunha mancomunidade cos concellos das Mariñas contribuíndo a racionalizar o gasto, mellorar a calidade de vida e estender os servizos públicos ao conxunto da cidadanía.
Consulta aquí as propostas do BNG para a comarca das Mariñas