O BNG é unha organización asemblearia. Quere dicir isto que as decisións a nivel local son tomadas pola Asemblea Local, que se reúne periodicamente e na que militantes e simpatizantes poden participar e opinar libremente.
Segundo os Estatutos do BNG, a Asemblea Local é o órgano básico da organización territorial do BNG. As súas funcións son a discusión e crítica política en xeral, e todas aquelas cuestións que atinxiren a expresión da vontade política do BNG na localidade. Elixe, ademais, a persoa responsábel local, que ostentará a representación e portavocía do BNG en Bergondo. Actualmente o portavoz do BNG e concelleiro en Bergondo é David Carro Temprano.
David Carro Temprano. Portavoz do BNG en Bergondo. Bergondo, 1984. Tecnico Superior en Administración e Finanzas, na actualidade traballa no sector do pequeno comercio e é concelleiro no concello de Bergondo desde maio de 2019.
contacto: email Facebook
Transparencia
Nesta ligazón tes cumprida información sobre as finanzas do BNG: balance anual, evolución de débeda e outros indicadores.
Novas
Podes consultar aquí as novas do BNG de Bergondo.