BNG Aranga

O BNG é unha organización asemblearia. Quere dicir isto que as decisións a nivel local son tomadas pola Asemblea Local, que se reúne periodicamente e na que militantes e simpatizantes poden participar e opinar libremente.


Segundo os Estatutos do BNG, a Asemblea Local é o órgano básico da organización territorial do BNG. As súas funcións son a discusión e crítica política en xeral, e todas aquelas cuestións que atinxiren a expresión da vontade política do BNG na localidade. Elixe, ademais, a persoa responsábel local, que ostentará a representación e portavocía do BNG en Aranga. Na actualidade a portavoz do BNG de Aranga é Patricia Cordo, de Boqueixón, na parroquia de Fervenzas. 

contacto: email      Twitter     Facebook

Transparencia

Nesta ligazón tes cumprida información sobre as finanzas do BNG: balance anual, evolución de débeda e outros indicadores.

Novas

Podes consultar aquí as novas do BNG de Aranga.