Aranga
Reunión con representantes das plataformas o pasado luns

O BNG presentou unha nova iniciativa para dar continuidade no Parlamento á defensa das Brañas do Deo

“Pedimos que se estableza o réxime de protección cautelar e en consecuencia,  que a Xunta informe negativamente todos os proxectos de parques eólicos e plantacións forestais que lle afecten a este espazo”

Na iniciativa presentada o BNG reclama que se dote de protección e establecer medidas de conservación e seguimento para os 40 humidais recollidos no Inventario de humidais (2003) no ámbito das Brañas do Deo e a súa contorna.

Ler novas
Imaxe da visita de Luís Bará e Mercedes Queixas ás Brañas do Deo

O BNG esixirá no Parlamento protección ambiental para as Brañas do Deo

Na visita á zona que tivo lugar esta mañá participaron o deputado Luís Bará e a deputada Mercedes Queixas, xunto con representantes do BNG das comarcas das Mariñas e a Montaña e representantes dos concellos afectados e das plataformas en contra dos eólicos e colectivos ambientais da comarca

Esta zona estaba incluída na proposta de ampliación da Rede Natura que é fundamental que se aprobe para conservar zonas como as Brañas do Deo cunha grande riqueza natural

Ler novas
Monte da Carballoa

O BNG presentou alegacións ao proxecto de ordenación forestal do Monte da Carballoa en Aranga

O proxecto prioriza o beneficio económico para a empresa promotora sobre o interese público, a función social e a multifuncionalidade. Pretende sacar un rendemento económico ás súas propiedades nas Brañas do Deo sexa como sexa, mesmo a costa do patrimonio natural de toda a veciñanza

O terreo proposto forma parte da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, afecta directamente ás Brañas do Deo, propostas para a ampliación da Rede Natura, ademais na zona proposta atópanse varios hábitats de interese comunitario

Ler novas