O BNG anuncia alegacións ao proxecto de plantación de eucalipto nas Brañas do Deo

BNG-ARANGA;....24-marzo-2019;

“Fronte ao monocultivo forestal, o BNG defende a biodiversidade das Brañas do Deo”

“O proxecto é moi bo para o señor Collazo, pero é moi negativo para Aranga”.

O BNG anuncia alegacións ao proxecto de plantación de eucalipto nas Brañas do Deo

Aranga, 6 de xuño de 2021.- O BNG anunciou que presentará alegacións ao proxecto de plantación de eucalipto nas inmediacións das Brañas do Deo, presentado a un día do comezo da moratoria de plantacións desta especie invasora.

O 5 de xuño comezou o prazo de exposición pública dun proxecto para dedicar 98,3 hectáreas á plantación de eucalipto nitens, cun total de 122 hectáreas no monte da Carballoa. Desde o BNG lembran que a zona en cuestión ten un importante valor natural, como recoñece o propio estudo de impacto ambiental do proxecto presentado onte. Nas Brañas do Deo atópanse hábitats prioritarios recoñecidos pola lexislación europea e están as principais reservas de auga subterránea do concello.

“As Brañas foron recoñecidas pola Xunta como un Lugar de Interese Comunitario (LIC) e constitúen a zona núcleo da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo; ademais, as Brañas están incluídas na proposta de ampliación da Rede Natura”, destaca o portavoz do BNG, Carlos Díaz. A cualificación actual deste terreo actualmente é de solo rústico de especial protección ambiental.

A enésima agresión a unha importante reserva natural

Non é a primeira vez que se presentan proxectos que afectan a este espazo natural. Hai trece anos, no ano 2008, o empresario José Collazo pretendía levantar unha urbanización e un polígono industrial no Monte da Carballoa. Hai apenas tres anos, era a formación política “Independientes por Aranga” -hoxe sen representación e desaparecida do taboleiro político municipal-, a que pedía a retirada da protección ambiental deste espazo, o 9% do total da superficie do municipio. O proxecto recentemente presentado por Collazo propón a recualificación dunha parte de terreos incluídos dentro dos proxectos eólicos de Greenalia e que que afectan ao Monte do Gato.

“A obsesión polo monocultivo de eucalipto súmase agora á boom da enerxía eólica; ambas son un perigo para a nosa biodiversidade e para o futuro da nosa economía, porque ambas reducen de maneira drástica as terras produtivas na nosa comarca e a viabilidade de actividades económicas manioritarias no noso concello, as agropecuarias”.

O BNG anima a rexeitar ó proxectos e anuncia as súas alegacións

O grupo nacionalista destaca que o proxecto se publique a un día do inicio da moratoria na plantación de eucalipto, o que demostraría ao xuízo dos nacionalistas que “a mal chamada moratoria está a provocar, como xa advertimos, un importante efecto chamada”, lembra Díaz.

Para o BNG, a precipitación demostra que o empresario pretende sacar un rendemento económico ás súas propiedades nas Brañas do Deo sexa como sexa, mesmo a costa do patrimonio natural de toda a veciñanza”, afirman desde o BNG, que anuncia alegacións ao proxecto.

“O proxecto presentado onte é moi bo para o señor Collazo, pero é moi negativo para Aranga. O monocultivo de eucalipto en 120 hectáreas dunha reserva natural e importante reserva de auga para as traídas veciñais prexudican á maioría da xente de Aranga”, conclúe Díaz.  

O BNG anuncia alegacións ao proxecto de plantación de eucalipto nas Brañas do Deo