BNG Oza-Cesuras

O BNG é unha organización asemblearia. Quere dicir isto que as decisións a nivel local son tomadas pola Asemblea Local, que se reúne periodicamente e na que militantes e simpatizantes poden participar e opinar libremente.

Segundo os Estatutos do BNG, a Asemblea Local é o órgano básico da organización territorial do BNG. As súas funcións son a discusión e crítica política en xeral, e todas aquelas cuestións que atinxiren a expresión da vontade política do BNG na localidade. Elixe, ademais, a persoa responsábel local, que ostentará a representación e portavocía do BNG en Oza dos Ríos e Cesuras. Actualmente a portavoz do BNG en Oza dos Ríos e Cesuras é Estefanía Busto Dopazo.

Estefanía Busto Dopazo, Oza dos Ríos (1984). É licenciada en Filoloxía Galega, desde o 2011 é concelleira e portavoz do BNG no concello de Oza (Oza-Cesuras tras a fusión dos concellos). 

contacto: email    Facebook

Indemnizacións por asistencia a Plenos

A concelleira do BNG de Oza e Cesuras percibe 75 euros pola súa asistencia a cada Pleno e a cada comisión informativa. Conforme á Carta Financeira do BNG, estes cartos son doados integramente pola concelleira do BNG á organización para sostemento da súa actividade política.

Transparencia

Nesta ligazón tes cumprida información sobre as finanzas do BNG: balance anual, evolución de débeda e outros indicadores.

Novas

Consulta aquí as novas do BNG de Oza dos Ríos e Cesuras