Coirós

O BNG presentou alegacións coas súas propostas para mellorar o orzamento de Coirós

Pura Ferreño: “Desde o BNG vimos de presentar alegacións coas nosas propostas para mellorar o orzamento do PP e así contribuír a unha xestión máis eficiente e transparente dos fondos públicos para beneficio das veciñas e veciños de Coirós”

Melloras nos servizos públicos, maiores investimentos e un reparto máis xusto e transparente dos cartos públicos son as liñas fundamentais das alegacións do BNG

Ler novas

O BNG de Coirós demanda medidas para reducir as perdas de auga na rede de abastecemento municipal

As nacionalistas propoñen traballar na liña da prevención a través dunha campaña de concienciación para promover a revisión e o mantemento das instalacións interiores por parte das abonadas co fin de evitar fugas

Pura Ferreño: "Aínda tendo en conta que o  obxectivo non é que o concello asuma os custes das fugas nas instalacións privadas, si que consideramos necesario introducir un criterio de tarifas máis xusto para casos fortuítos"

Ler novas

O BNG atopouse coa negativa do goberno municipal para a creación dun regulamento para fomentar a participación cidadá e a transparencia no concello de Coirós

Pura Ferreño: “Son numerosas as demandas formuladas por persoas particulares e tamén a nivel colectivo pola necesidade de dotarnos de mecanismos que favorezan a participación cidadá no noso concello para as veciñas e veciños poidan ser escoitadas e atendidas e a que a súa opinión sexa efectivamente tida en conta no proceso de toma de decisións”
Ler novas