O BNG de Coirós propón dinamizar a Aula da Natureza de Chelo cunha programación estábel, diversa e aberta á veciñanza

undefined

Pura Ferreño Saia: “A Aula da Natureza de Chelo non pode seguir sendo un espazo infrautilizado, cando ten un enorme potencial para dinamizar a vida social, cultural e educativa de Coirós”

O BNG de Coirós propón dinamizar a Aula da Natureza de Chelo cunha programación estábel, diversa e aberta á veciñanza

Coirós, 9 de febreiro de 2026. O BNG de Coirós vén de rexistrar unha moción para impulsar a dinamización da Aula da Natureza de Chelo, co obxectivo de convertela nun verdadeiro referente social, cultural e ambiental do concello e da comarca.

A iniciativa aposta por unha programación anual estábel que combine actividades ambientais, culturais, formativas e de lecer saudábel, ao tempo que promove a colaboración con asociacións culturais, veciñais, ecoloxistas e educativas, así como con outras administracións públicas.

A portavoz municipal do BNG, Pura Ferreño Saia, subliña que “a Aula da Natureza de Chelo non pode seguir sendo un espazo infrautilizado, cando ten un enorme potencial para dinamizar a vida social, cultural e educativa de Coirós”. Engade a nacionalista que “a falta de programación e de iniciativa está a condenar este equipamento ao completo abandono”. Desde o BNG consideran urxente activar Chelo e poñelo ao servizo da veciñanza cun proxecto serio, estábel e ambicioso.

Neste sentido, a moción tamén insta ao goberno municipal a reclamar á Deputación da Coruña as melloras necesarias no mantemento e a Xunta de Galiza unha mellora dos accesos ás instalación e un novo aparcadoiro.

As nacionalistas defenden que Chelo debe ser un espazo vivo, aberto á participación cidadá e cunha programación atractiva para públicos diversos, reforzando ademais a súa identidade como enclave natural e educativo de referencia no territorio.

O BNG de Coirós propón dinamizar a Aula da Natureza de Chelo cunha programación estábel, diversa e aberta á veciñanza