O BNG trasladou ao goberno local a súa preocupación polo retraso na limpeza das fincas municipais no polígono de Bergondo
"Cun verán seco como o que estamos a ter, con incendios en cada recuncho do país, non é de recibo que as parcelas municipais estean sen acondicionar por unha mala previsión do Goberno Local que non fixo os deberes a tempo. Instamos a tomar medidas de urxencia xa que a seguridade debe ser unha prioridade máxima"
Bergondo, 13 de agosto de 2022.- O BNG de Bergondo interesouse nos últimos plenos polo retraso na execución da limpeza das parcelas municipais arredor do polígono industrial. “Esta limpeza foi licitada a finais do ano pasado mais aínda esta pendente de rematar”, explicou o portavoz do BNG, David Carro. "En maio preguntamos pola execución destes traballo recollendo as inquedanzas e preocupación das empresas máis próximas a esta zona, daquelas a información que nos facilitou o goberno local era que estaría rematada en dúas semanas", engadiu Carro.
"Dous meses despois preguntamos de novo, no pleno de xullo, e non hai unha previsión de cando estará rematado segundo o goberno por problemas coa empresa contratada" expuxo o nacionalista.
"Cun verán seco como o que estamos a ter, con incendios en cada recuncho do país, non é de recibo que as parcelas municipais estean sen acondicionar por unha mala previsión do Goberno Local que non fixo os deberes a tempo. Instamos a tomar medidas de urxencia xa que a seguridade debe ser unha prioridade máxima" concluíu Carro.