O BNG chama a participar na nova mobilización en contra dos recortes no CPI Cruz do Sar
Xurxo Couto, deputado provincial de cultura e o portavoz municipal do BNG de Bergondo, David Carro, mantiveron unha xuntanza cunha representación da comunidade eductiva para tratar a problemática da falta de profesorado no CPI Cruz do Sar.
Bergondo, 10 de decembro de 2022.- Xurxo Couto, deputado provincial de cultura e o portavoz municipal do BNG de Bergondo, David Carro, mantiveron unha xuntanza cunha representación da comunidade eductiva para tratar a problemática da falta de profesorado no CPI Cruz do Sar.
Couto trasladou o apoio do BNG na Deputación as demandas da comunidade educativa. "O BNG é un firme defensor dunha educación pública e de calidade, e iso pasa por dotala dos recursos necesarios, neste caso de profesorado suficiente para atender as necesidades do alumnado", indicou Couto.
"Desde o comezo de curso, o BNG ven apoiando en todo o posíbel á comunidade educativa para lograr que os nenos e nenas de Bergondo teñan o profesorado necesario. Non se entende que habendo máis alumnado con necesidades especiais non teñan tamén máis profesorado para atendelos", expuxo o portavoz municipal, David Carro.
"O BNG vai defender o CPI Cruz do Sar con firmeza, poden contar connosco a todos os niveis, no Concello, na Deputación, no Parlamento galego, e tamén nas rúas, porque a educación afectanos a todos e todas como sociedade", concluíu Carro.
Dende o BNG tamén mostraron o seu apoio á nova andaina reivindicativa que a comunidade educativa de Bergondo ten convocada para as 17h do próximo venres 16 de decembro.