O BNG levara ao vindeiro pleno unha moción en apoio a produción ecolóxica
"Isto afecta a un sector moi importante para a nosa comarca e tamén para Bergondo. Estas axudas son de gran importancia para fixar poboación no rural, pero tamén nos afecta como consumidores, para contar con produtos de alimentación máis saudábeis"
Bergondo, 20 de xaneiro de 2023.- O BNG levara ao vindeiro pleno ordinario unha moción en apoio a produción ecolóxica, na que se insta a Xunta a complementar as axudas correspondentes ao 2022 das que se quedaron fora a maior parte de produtores e produtoras e o seu compromiso para que esta situación non volva a darse no futuro e se consigne o orzamento necesario.
“A Xunta debe completar o orzamento para a orde de axudas do 2022 ata os 5,6 millón de euros necesarios para cubrir as solicitudes presentadas co fin de promocionar activamente a transformación da produción convencional a ecolóxica”, indicou o portavoz nacionalista David Carro.
"Isto afecta a un sector moi importante para a nosa comarca e tamén para Bergondo. Estas axudas son de gran importancia para fixar poboación no rural, pero tamén nos afecta como consumidores, para contar con produtos de alimentación máis saudábeis", concluíu Carro.