O BNG organiza "Ti Contas", xuntanzas coa veciñanza de todas as parroquias de Bergondo
"Estivemos, estamos e estaremos sempre ao lado da xente, por iso queremos saber as súas propostas, problemáticas, e tamén aquelo que consideran que podemos mellorar, para traballar entre todos e todas polo Bergondo que merecemos"
Bergondo, 16 de maio de 2022.- O BNG de Bergondo inicia este mércores 18 de maio as 21h na polideportiva de San Cidre unha ronda de xuntanzas veciñais por todas as parroquias. Co nome "Ti contas" o BNG ten como obxectivo coñecer as inquedanzas e propostas da veciñanza para este último ano do mandato municipal.
"Estivemos, estamos e estaremos sempre ao lado da xente, por iso queremos saber as súas propostas, problemáticas, e tamén aquelo que consideran que podemos mellorar, para traballar entre todos e todas polo Bergondo que merecemos" indicou o portavoz nacionalista David Carro.
"Convidamos a veciñanza a acudir a esta serie de xuntanzas, que achegaremos a todas as parroquias para achegarnos as súas demandas e tamén para dar contas do traballo feito polo BNG nestes últimos anos no concello de Bergondo”, engadiu o portavoz do BNG. Despois da de Bergondo, as próximas xuntanzas programadas polos nacionalistas son o 24 de maio en Guísamo, o 31 en Lubre e o 07 de xuño na praza pública de Ouces.