O Pleno do Parlamento debaterá o vindeiro mércores a iniciativa do BNG sobre o BIC da Torre de Teodomiro

2021052520240853928
Mercedes Queixas

“Actualmente hai solicitada unha autorización para levar a cabo esta prospección á que aínda non respondeu a Xunta de Galiza. 

Desde o BNG pedirán información no Pleno do Parlamento sobre que medidas ten pensado adoptar o goberno galego para garantir a conservación e posta en valor deste ben patrimonial. 

O Pleno do Parlamento debaterá o vindeiro mércores a iniciativa do BNG sobre o BIC da Torre de Teodomiro

Betanzos, 7 de xuño de 2021.- O Pleno do Parlamento debaterá o vindeiro mércores a iniciativa do BNG sobre o BIC da Torre de Teodomiro, no concello de Aranga. “Recentemente, aplicando novidosas técnicas de análise xeográfica, o arqueólogo Antón Malde volveu examinar a contorna. “Apareceu unha fortificación típica da Alta Idade media, no Monte do Gato, no lugar de Castelo de Arriba”, explicou a deputada do BNG, Mercedes Queixas. 

Desde o BNG lembraron que actualmente están en tramitación 6 proxectos de parques eólicos -PE Felga, PE Feás, PE Seselle, PE Fontella, PE Gato e PE Penas Boas-na zona do Monte do Gato que poderían afectar a esta torre, catalogada como BIC, como se fixo constar nas alegacións que presentaron ao proxecto do parque eólico Gato, que tería unha afectación directa sobre esta Torre.

“Non resultaría moi razoábel a alteración dun entorno que puidese comportar a perda dun importante ben patrimonial sen antes non ter feito un profundo traballo de prospección que determinara o seu emprazamento. Polo tanto unha vez confirmadas as noticias históricas compre realizar unha prospección que permita a delimitación do ben”, engadiu. 

“Actualmente hai solicitada unha autorización para levar a cabo esta prospección á que aínda non respondeu a Xunta de Galiza”, engadiu Queixas. Por iso desde o BNG pedirán información no Pleno do Parlamento sobre que medidas ten pensado adoptar o goberno galego para garantir a conservación e posta en valor deste ben patrimonial. 

Desde o BNG esixiron tamén saber se hai algunha solicitude por parte das empresas que promoven este macroparque para pedir a descatalogación deste BIC e permitir polo tanto seguir coa autorización sen verse obrigados á súa delimitación e conservación. 

Estudo de conxunto do macroparque do Monte do Gato

Desde o BNG insistiron en que é fundamental realizar un estudo do impacto conxunto dos 6 parques eólicos que se proxectan no Monte do Gato e un estudo serio do seu impacto sobre o patrimonio tanto sobre este BIC da Torre de Teodomiro como sobre a necrópole megalítica do Monte do Gato. 

“É fundamental que se teñan en conta todos estes elementos patrimoniais no seu conxunto. O estudo arqueolóxico que presentan as empresas non ten ningún tipo de rigor, xa que obvia a existencia de elementos como a Torre de Teodomiro e outros elementos sobre os que hai estudos publicados hai mais de 20 anos”, criticou a deputada do BNG. 

O Pleno do Parlamento debaterá o vindeiro mércores a iniciativa do BNG sobre o BIC da Torre de Teodomiro