Abegondo

BNG urxe rexeitar os proxectos eólicos Nordés e Mistral

Néstor Rego demanda rexeitar a solicitude de autorización dos dous proxectos e da infraestrutura de evacuación que propoñen que incluiría a construción dunha subestación eléctrica en Abegondo aínda sen autorizar. 

A organización frentista reclama unha planificación coordinada para a implantación de novos proxectos eólicos no País que respecte o medio natural, xere riqueza no territorio e non afecte negativamente ás condicións de vida dos galegos e galegas.

Ler novas

O BNG presentou as súas alegacións ao PXOM de Abegondo

"Presentamos as alegacións para intentar corrixir un PXOM que pensamos que é completamente irreal, baseado nunhas previsións de incremento da poboación de 836 habitantes para o ano 2037, horizonte de vixencia do Plan Xeral cando o concello de Abegondo leva perdendo poboación de forma continuada as últimas dúas décadas"

Ler novas
Imaxe do Estudo de impacto do proxecto de Liña de Alta Tensión do PE Nordés

O BNG pediu que o concello presente alegacións á subestación proxectada en Abegondo

Esperamos que o Concello presente alegacións aos Estudos de Impacto Ambiental destes dous parques eólicos, e que o goberno local demostre que realmente está en contra da instalación desta subestación pola vía dos feitos”

O BNG pediu tamén que o goberno local estude a posibilidade de artellar unha oficina xurídica que asesore á veciñanza á hora de presentar alegacións e que informe á veciñanza das parroquias afectadas. 

Ler novas
Imaxe do trazado completo da liña de alta tensión do PE Nordés até a Subestación en Abegondo

O BNG pediu que o concello informe á veciñanza sobre as liñas de alta tensión e a subestación proxectadas en Abegondo

Esperamos que o Concello presente alegacións aos Estudos de Impacto Ambiental destes dous parques eólicos, e que o goberno local demostre que realmente está en contra da instalación desta subestación pola vía dos feitos”

O BNG pediu tamén que o goberno local estude a posibilidade de artellar unha oficina xurídica que asesore á veciñanza á hora de presentar alegacións

Ler novas
Imaxe do encoro de Cecebre

O BNG solicitou que o Concello retire todos os refugallos ou vertedoiros incontrolados que hai na contorna do encoro de Cecebre

“Diante das novas que nos últimos tempos están aparecendo a respecto da proliferación de cascallos na contorna do encoro de Abegondo-Cecebre, así como comportamentos de dubidosa ética dentro dun espazo da rede natura como poden ser os  botellóns ou as áreas de descanso con vistas que vimos recentemente nos medios desde o BNG estamos preocupados e solicitamos que o goberno local se preocupe polos espazos naturais”

Ler novas