O BNG de Abegondo elixe a Blan García Roel como novo responsábel local
"Afrontamos este novo reto con ilusión e co ánimo de expandir o proxecto do BNG a nivel local"
Abegondo, 29 de abril de 2022.- Blan García Roel, de Montouto, foi elixido como novo responsábel local do BNG. "Afrontamos este novo reto con ilusión e co ánimo de expandir o proxecto do BNG a nivel local", indicou o responsábel do BNG.
“Quedan por diante moitos desafíos que afrontar nun concello gobernado por políticas inmobilistas, totalmente estancado e incapaz de resolver os problemas que sofren os veciños e veciñas”, valoran desde o BNG de Abegondo.
O responsábel do BNG avanzou que “vai afrontar os retos de avanzar e consolidar a base social do nacionalismo en Abegondo con ilusión e firmeza, nesta nova etapa”.
“Hoxe somos unha organización local máis unida, máis forte, e cun BNG preparado para ser a alternativa política e de goberno tanto na cidade como no País”, concluíu García Roel.