O BNG pediu que o concello informe á veciñanza sobre as liñas de alta tensión e a subestación proxectadas en Abegondo

Imaxe do trazado completo da liña de alta tensión do PE Nordés até a Subestación en Abegondo
Imaxe do trazado completo da liña de alta tensión do PE Nordés até a Subestación en Abegondo

Esperamos que o Concello presente alegacións aos Estudos de Impacto Ambiental destes dous parques eólicos, e que o goberno local demostre que realmente está en contra da instalación desta subestación pola vía dos feitos”

O BNG pediu tamén que o goberno local estude a posibilidade de artellar unha oficina xurídica que asesore á veciñanza á hora de presentar alegacións

O BNG pediu que o concello informe á veciñanza sobre as liñas de alta tensión e a subestación proxectadas en Abegondo

Abegondo, 26 de agosto de 2021.- O BNG pediu que o concello informe á veciñanza sobre as liñas de alta tensión e a subestación proxectadas en Abegondo. “No BOE do 18 de agosto publícanse os proxecto de novos parque eólico, o PE Mistral e o PE Nordés, no que se inclúe unha liña aérea de alta tensión en 220 KV que conectaría a Rede eléctrica na subestación de Abegondo”, explicaron desde o BNG. “Estes novos proxectos únense a 3 proxectados por Galenergy no Monte do Gato que tamén indican que conectarían á Rede na subestación proxectada en Abegondo”, engadiron. 

O BNG pediu tamén que o goberno local estude a posibilidade de artellar unha oficina xurídica que asesore á veciñanza á hora de presentar alegacións a estes proxectos e que coordine vías de colaboración coas plataformas veciñais existentes na nosa comarca para facer presión en contra destes proxectos. “Ademais esperamos que o Concello presente alegacións aos Estudos de Impacto Ambiental destes dous parques eólicos, e que o goberno local demostre que realmente está en contra da instalación desta subestación pola vía dos feitos”, engadiron desde o BNG. 

Desde o BNG lembraron que xa no seu momento o grupo nacionalista se posicionou en contra da posibilidade da instalación desta subestación que tería unha grande afectación na zona. “Neste contexto pensamos que é imprescindíbel  que traslade a maior transparencia e información posíbel para que a veciñanza poida artellar as súas liñas de actuación e defensa do mellor xeito”, indicaron. 

“Estamos estudando os proxectos para presentar as alegacións correspondentes e poñémonos á disposición da veciñanza para axudarlles na redacción de alegacións ou resolver calquera dúbida que poidan ter, dentro da información da que dispoñemos”, concluíron. 

O BNG pediu que o concello informe á veciñanza sobre as liñas de alta tensión e a subestación proxectadas en Abegondo