subestacion
Abegondo

O BNG pide un estudo de impacto conxunto das dúas subestacións autorizadas en Abegondo e as Liñas de alta tensión asociadas

Mercedes Queixas: “O boom eólico que se está a dar en Galiza nos últimos anos, con novos proxectos diarios en todos os puntos da nosa xeografía amosan a falta de planificación enerxética neste eido, dándose graves irregularidades tanto nos proxectos dos propios parques eólicos como en todo o que ten que ver coas infraestruturas de evacuación desta enerxía”

Ler novas
Abegondo

O BNG acusa ao goberno do PP de practicar unha “política opaca e sen planificación ” ao servizo da industria eólica cun modelo depredador que non respecta o medio

Mercedes Queixas subliñou o temor da veciñanza de Abegondo ante a instalación dunha subestación eléctrica prevista na parroquia de Folgoso, proxecto do que non foron informados os  colectivos, institucións e persoas directamente afectadas.

Pediu a Industria que escoite as alegacións e non desprotexa o territorio e a veciñanza con vivendas a 500 metros da subestación eléctrica

Ler novas
Abegondo
Mercedes Queixas é deputada do BNG no Parlamento galego

O BNG denuncia o descontrol e falta de planificación do Goberno do PP no relativo á subestación eléctrica de Abegondo

Mercedes Queixas: “O PP avalía favorablemente declaracións de impacto ambiental para parques eólicos sen saber nin como nin cara onde vai a electricidade producida”

A deputada pola Coruña recrimina a falta de información por parte dos Populares, que nin planifican a súa política eólica nin comparten información sobre uns parques “que irían conectar a unha subestación en Abegondo da que non temos sequera coñecemento da ubicación e moito menos do proxecto”

Ler novas