BNG As Mariñas
Bergondo

David Carro encabezará a lista do BNG en Bergondo

BNG-Asembleas Abertas presentou o primeiro tramo da lista coa que se presentará as eleccións municipais do vindeiro maio. O grupo que nace da integración de persoas independentes e militantes do BNG dispostas a propoñer e traballar en tender pontes para desaloxar do noso Concello as vellas formas de facer política de PSOE e PP, estará encabezado por David Carro.

Ler novas
Bergondo

O BNG trasladara de novo ao Parlamento o transporte escolar e o comedor no "Cruz do Sar"

O portavoz do BNG no Parlamento galego Francisco Jorquera mantivo na tarde onte unha xuntanza con representantes da plataforma creada no CPI "Cruz do Sar" de Bergondo pola problemática do transporte escolar e o comedor, cos que se comprometeu a dar traslado das súas reivindicacións ao Parlamento por medio dunha serie de preguntas para a súa resposta na Comisión de Educación.

Ler novas
Paderne

O BNG criticou o obradoiro de emprego de Miño e Paderne por ser unha esmola de 20 prazas

O BNG de Miño criticou o obradoiro de emprego conxunto entre Miño e Paderne, que vén de clausurar a conselleira de traballo Beatriz Mato. “Parécenos unha esmola ofrecer 20 prazas nun obradoiro para persoas desempregadas cando só no concello de Miño había no mes de xaneiro 456 persoas desempregadas e en Paderne outras 173, segundo datos da propia Consellaría de Traballo”,

Ler novas