MUNICIPAIS 2015
A independente Olalla Barro encabeza a candidatura de BNG en Miño
O BNG-Asembleas Abertas ven de presentar o primeiro tramo da súa candidatura en Miño e que encabezará Olalla Barro. O grupo que nace da integración de persoas independentes e militantes do BNG dispostas a traballar para desaloxar de Miño as vellas formas de facer política do PSOE e do PP.
Miño, 30 de marzo de 2015. O BNG-Asembleas Abertas ven de presentar o primeiro tramo da súa candidatura en Miño e que encabezará Olalla Barro. O grupo que nace da integración de persoas independentes e militantes do BNG dispostas a traballar para desaloxar de Miño as vellas formas de facer política do PSOE e do PP.
Olalla Barro, que encabezará a lista como independente, é veciña de Leiro e activista en diferentes colectivos sociais. Xunto con ela integraranse no grupo de traballo de BNG-Asembleas Abertas, Henrique Abraira, Rosa Maseda que xa fora concelleira polo BNG na anterior lexislatura- e outras veciñas e veciños tanto do BNG, como persoas non adscritas a organizacións partidarias, independentes, como a cabeza de lista, mais que non queren desaproveitar a oportunidade de loitar por botar ás políticas mafiosas da corporación municipal.
Xunto con Olalla Barro integran o grupo de BNG-Asembleas Abertas, Henrique Abraira, Rosa Maseda que xa fora concelleira polo BNG na anterior lexislatura- e outras veciñas e veciños tanto do BNG independentes.
Presentamos a primeira parte dun grupo de traballo froito do diálogo con veciñas e veciños. Temos a firme vontade de sermos un grupo de traballo a nivel local que se manteña no tempo, alén de citas electorais. O noso nexo de unión son as ganas de cambio, a vontade de participación política e unha ollada propia, galega, explicou Olalla Barro. As persoas integrantes do grupo de BNG-Asembleas Abertas asinarán un compromiso ético para asegurar que responderán ás siglas e o programa co que se presenten no vindeiro maio. O que máis nos importa é ese compromiso ético, que implica outra forma de facer política, desde outro lugar.
As persoas integrantes do grupo de BNG-Asembleas Abertas asinarán un compromiso ético para asegurar que responderán ás siglas e o programa co que se presenten no vindeiro maio. O que máis nos importa é ese compromiso ético, que implica outra forma de facer política, desde outro lugar
Barro convida a que se unan a todas as persoas preocupadas pola situación de Miño e do País, porque cremos que é necesario tender pontes desde a base para construír o único futuro posíbel para nós e para a nosa Terra. Trátase dun proceso local en construción que se enmarca nun proceso nacional co ollar posto na transformación social e política, explicou.
Neste sentido, as nacionalistas explican que BNG-Asembleas Abertas constrúe a súa alternativa para cambiar Miño deixando a un lado ao PP e ao PSOE que no fondo defenden os mesmos intereses, indicou Barro, convidamos a todas as veciñas e veciños a que fagan propostas e participen connosco para cambialo todo en Miño, concluíu.