Ana Miranda visita Miño para levar a Bruxelas os problemas da praia
Ana Miranda, portavoz do BNG no Parlamento Europeo, visitará esta tarde a Praia de Miño para ver de primeira man a situación da Praia e as dunas e a da propia Ría de Betanzos.
Miño, 17 de marzo de 2015. Ana Miranda, portavoz do BNG no Parlamento Europeo, visitará esta tarde a Praia de Miño para ver de primeira man a situación da Praia e as dunas e a da propia Ría de Betanzos. Ana Miranda estivo acompañada por membros do grupo de BNG-Asembleas abertas de Miño e das Mariñas e por persoas participantes no colectivo SOS Praia Grande Miño.
Pensamos que o que máis efecto pode causar sería que a propia veciñanza trasladara o estado da Praia e da Ría a través da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, explicou Ana Miranda, quen ofreceu todo o seu apoio para elaborar esta petición e ofreceu a súa axuda ao colectivo SOS Praia Grande de Miño.
Pensamos que o que máis efecto pode causar sería que a propia veciñanza trasladara o estado da Praia e da Ría a través da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo
O BNG-Asembleas abertas solicitou un estudo sobre a modificación das correntes dentro da Ría e medidas reais para garantir o saneamento, que segundo unha directiva da UE tiña que estar rematado este ano en todo o País, dunha forma sostíbel. Non ten sentido seguir tirando cartos en recheos ano sí e ano tamén sen facer un estudo de porque o mar se leva a area da Praia de Miño e non a devolve de forma natural como correspondería, explicaron.
O colectivo SOS Praia de Miño tiña elaborado un informe sobre o estado da Ría e da Praía que lle trasladou a Ana Miranda para que ela poida a través do Parlamento Europeo defender unha zona que é Rede Natura e está en Plena Reserva da Biosfera.