MUNICIPAIS 2015

O BNG cuestiona que o goberno local mande “51 páxinas de propaganda a todas as casas”

O BNG criticou que o goberno local remitise a todas as vivendas do municipio unha revista para vender os “logros” do goberno local do PP.

O BNG cuestiona que o goberno local mande “51 páxinas de propaganda a todas as casas”

Miño, 4 de marzo de 2015. O BNG criticou que o goberno local remitise a todas as vivendas do municipio unha revista para vender os “logros” do goberno local do PP. “Son 51 páxinas a toda cor cunha reportaxe fotográfica do alcalde á altura da prensa do corazón”, ironizan as nacionalistas.

O Bloque cuestiona que “o goberno do PP dilapide cartos de todas as veciñas e veciños en tratar de convencernos do ben que o están a facer”. As nacionalistas entenden que “a realidade é a realidade, e por moito que a tenten maquillar non vai a cambiar”. “Para esta maquillaxe e para a campaña política do señor Jesús Veiga é inadmisíbel que se gasten os cartos públicos de todas as veciñas e veciños dun Concello que aínda encima está arruinado economicamente por culpa precisamente do señor Veiga e todos os gobernos dos que el formou parte”, engaden.

Neste sentido, as nacionalistas entenden que “Grazas a decisións tomadas estes últimos anos polo Goberno municipal do PP, e unha vez que fica claro que o Concello vai ter que asumir as indemnizacións de Costa Miño Golf, xa que Fadesa desaparece, o lóxico sería que o goberno non tirase os cartos públicos e deixara de facerse autopublicidade e campaña electoral con tanta alegría”. “Por certo, das condenas, a indemnización millonaria e a desaparición da promotora na revista do PP non aparece nada, por algo será”, engaden.

“Unha vez que fica claro que o Concello vai ter que asumir as indemnizacións de Costa Miño Golf xa que Fadesa desaparece, o lóxico sería que o goberno non tirase os cartos públicos con tanta alegría”

Unha cousa é a información á veciñanza, á que desde logo non nos opoñemos, pero outra cousa moi diferente é facer campaña e propaganda electoral cos cartos que tiñan que ir a servizos e prestacións para toda a veciñanza”, advirten as nacionalistas. “E dado que é publicidade do PP, o lóxico é que a pague o PP e non toda a veciñanza de Miño”, engaden.

O BNG cuestiona que o goberno local mande “51 páxinas de propaganda a todas as casas”