MUNICIPAIS 2015
O BNG reunirase coa veciñanza de Costa Miño Golf
O BNG-Asembleas Abertas manterá un encontro mañá domingo, ás cinco e media da tarde, coa veciñanza da urbanización Costa Miño Golf na cafetaría do clube de golf.
Miño, 11 de abril de 2015. O BNG-Asembleas Abertas manterá un encontro mañá domingo, ás cinco e media da tarde, coa veciñanza da urbanización Costa Miño Golf na cafetaría do clube de golf. Queremos coñecer de primeira man, dos propios veciños e veciñas, os seus problemas e demandas e tratar de atopar, entre todas e todos, unha solución, explicou a candidata de BNG-Asembleas Abertas á alcaldía de Miño, Olalla Barro.
É intolerábel que en Miño haxa veciñanza de primeira e de segunda categoría, como a xente que vive en Costa Miño Golf sen que o Concello lle empreste os servizos polos que está a pagar impostos
As nacionalistas de Miño lamentan a falta de servizos que a veciñanza da urbanización padece. A consecuencia da especulación e da creba da burbulla imobiliaria as persoas que residen nesta urbanización carecen de moitos dos servizos que hai no resto do concello, explica Barro. É intolerábel que haxa veciñanza de primeira e de segunda categoría, explicou.
A xuntanza terá lugar na cafetería do clube de golf mañá ás cinco e media da tarde.
Por este motivo, as nacionalistas tratarán de buscar solucións para as carencias da urbanización da man das propias persoas afectadas. Ninguén mellor que a propia veciñanza coñece as consecuencias da falta de servizos e a nosa obriga é escoitalos e colaborar con ella na busca de solucións para rematar coa situación actual, explica a candidata de BNG-Asembleas Abertas.