MUNICIPAIS 2015

O BNG reclamou que o Concello poña fin ao de abandono de Costa Miño Golf

O BNG-Asembleas abertas reclamou ao Concello que poña fin á situación de abandono das persoas que viven en Costa Miño Golf. Despois do encontro aberto celebrado na tarde de onte, Olalla Barro, candidata á alcaldía por BNG-Asembleas abertas explicou que “non hai escusa para non cubrir as necesidades básicas como a limpeza ou o mantemento dos parques e as rúas.

O BNG reclamou que o Concello poña fin ao de abandono de Costa Miño Golf

Miño, 13 de abril de 2015. O BNG-Asembleas abertas reclamou ao Concello que poña fin á situación de abandono das persoas que viven en Costa Miño Golf. Despois do encontro aberto celebrado na tarde de onte, Olalla Barro, candidata á alcaldía por BNG-Asembleas abertas explicou que “non hai escusa para non cubrir as necesidades básicas como a limpeza ou o mantemento dos parques e as rúas. É a obriga do Concello e se non o fai é por cinismo ou incompetencia”.

“As persoas propietarias de vivendas en Costa Miño están pagando un IBI moi alto como zona residencial, pola tanto, ten que ter os servizos dunha zona residencial. Senón terán que revisar o IBI”, indicou Barro. “O PP é moi dado a facer distincións e crear cidadáns de primeira e de segunda. As persoas que viven en Costa Miño deben ter os mesmos dereitos e servizos que o resto da veciñanza de Miño. Se todas as parroquias teñen un local social para a veciñanza, por que Costa Miño non?”.

“O PP é moi dado a facer distincións e crear cidadáns de primeira e de segunda. As persoas que viven en Costa Miño deben ter os mesmos dereitos e servizos que o resto da veciñanza de Miño”

“Desde o BNG-Asembleas abertas pensamos que se existe unha norma que obriga a manter limpas as parcelas esta debe de cumprirse obrigando os propietarios, tanto bancos, particulares como o propio concello a cumprila e manter as parcelas sen maleza”, explicou a candidata nacionalista. “Propoñemos que o Concello poña en funcionamento as súas parcelas e cree hortas urbanas, un parque para cans e bosques de alimentos para tratar de sacar partido ás parcelas libres que quedaron na urbanización”.

“Comunicar a urbanización con Miño a través de transporte público, tanto autobus como tren, e reabrir a unitaria de Perbes, actualmente pechada para dar servizo ás crianzas da urbanización parécennos outras das propostas básicas para que a veciñanza goce duns mínimos servizos”, concluíu Olalla Barro.

O BNG reclamou que o Concello poña fin ao de abandono de Costa Miño Golf