O BNG demanda a canalización de pluviais da AP9 en Miodelo
O BNG de Bergondo esixe do Goberno Local que demande a concesionaria da autopista AP9 a canalización das augas pluviais da mencionada vía ao seu paso por Miodelo, así como a reparación do vial que transcorre paralelo e que se está a estragar cada vez máis por este motivo.
Bergondo, 3 de marzo de 2015. O BNG de Bergondo esixe do Goberno Local que demande a concesionaria da autopista AP9 a canalización das augas pluviais da mencionada vía ao seu paso por Miodelo, así como a reparación do vial que transcorre paralelo e que se está a estragar cada vez máis por este motivo.
Logo de que veciños e veciñas do lugar nos trasladaran a problemática e tras visitar a zona nestes días de choiva constatamos como a auga cae a chorro procedente da ponte da autopista ao seu paso por Miodelo por medio duns aliviadoiros, o que dificulta o transito peonil e desfai a capa de rodadura do vial que discorre por abaixo, como se pode apreciar na imaxe. Estes buratos son continuos en todo o vial.
"Segundo fontes oficiais a concesionaria da AP9, Audasa, gañou no 2.014 9,88 millóns de euros polo que consideramos que unha pequena inversión como a de canalizar a auga de choiva na ponte de Miodelo é perfectamente asumíbel
"Segundo fontes oficiais a concesionaria da AP9, Audasa, gañou no 2.014 9,88 millóns de euros polo que consideramos que unha pequena inversión como a de canalizar a auga de choiva da ponte ao río para que non caia a chorro directamente sobre a estrada causando estragos e molestias a veciñanza de Miodelo e o resto de transeúntes é perfectamente asumíbel. Ademais, consideramos que debe ser tamén Audasa quen se faga cargo da reparación do vial que se esta desfacendo por este motivo. É por iso que demandamos do Goberno Local que adopte as medidas necesarias para que a concesionaria poña remedio a esta situación" indicou o voceiro nacionalista e candidato a alcaldía polo BNG David Carro.