MUNICIPAIS 2015

David Carro encabezará a lista de BNG-Asembleas abertas en Bergondo

BNG-Asembleas Abertas presentou o primeiro tramo da lista coa que se presentará as eleccións municipais do vindeiro maio. O grupo que nace da integración de persoas independentes e militantes do BNG dispostas a propoñer e traballar en tender pontes para desaloxar do noso Concello as vellas formas de facer política de PSOE e PP, estará encabezado por David Carro.

David Carro encabezará a lista de BNG-Asembleas abertas en Bergondo

Bergondo, 28 de febreiro de 2015. BNG-Asembleas Abertas presentou o primeiro tramo da lista coa que se presentará as eleccións municipais do vindeiro maio. O grupo que nace da integración de persoas independentes e militantes do BNG dispostas a propoñer e traballar en tender pontes para desaloxar do noso Concello as vellas formas de facer política de PSOE e PP, estará encabezado por David Carro.

“Presentamos a primeira parte dun grupo de traballo froito do dialogo con veciñas e veciños independentes, que se integran buscando fortalecer o nacionalismo e un cambio imprescindíbel en Bergondo en todos os eidos, convencidos de que hai outro xeito de facer as cousas, con transparencia e a carón do pobo”, explicou Carro. O nacionalista explicou que asinarán un compromiso ético todas as persoas que se integren na candidatura do BNG, para asegurar que responderán as siglas e o programa co que se presenten o vindeiro maio.

No primeiro tramo da candidatura estarán, ademais do propio Carro, Lourenzo Castro, Ana Tacón, Francisco Barreiro e Margarita Esteban. Neste sentido, o candidato nacionalista convidou á unidade a “todas as persoas preocupadas pola situación de Bergondo e do noso País, porque cremos que é necesario tender pontes desde a base para construír a alternativa nacionalista que permita ter un futuro digno para traballar e vivir na nosa terra”. “Trátase dun proceso local que se enmarca nun nacional para darlle futuro e esperanza a Bergondo e ao País”, explicou.

O nacionalista explicou que asinarán un compromiso ético todas as persoas que se integren na candidatura do BNG, para asegurar que responderán as siglas e o programa co que se presenten o vindeiro maio.

Neste sentido, os e as nacionalistas explican que BNG-Asembleas Abertas constrúe a súa alternativa “para cambiar Bergondo deixando a un lado o teatro de PP e PSOE que no fondo defenden os mesmos intereses; temos as cousas claras, temos ganas, ilusión, moitas ideas e propostas para construír un Bergondo diferente”, indicou Carro, “convidamos a todas as veciñas e veciños a que fagan propostas e participen con nós neste cambio necesario”, concluíu.

Ademais, resaltan que están a recoller propostas entre toda a veciñanza para conformar as medidas a incluír no programa de goberno. “Evidentemente, a creación de emprego e o benestar social son a principal prioridade neste momento, pero sen esquecer outros problemas aos que non se lle deu solución nesta lexislatura como o medio ambiente ou o saneamento da ría”, explican.

David Carro encabezará a lista de BNG-Asembleas abertas en Bergondo