O BNG trasladara de novo ao Parlamento o transporte escolar e o comedor no "Cruz do Sar"
O portavoz do BNG no Parlamento galego Francisco Jorquera mantivo na tarde onte unha xuntanza con representantes da plataforma creada no CPI "Cruz do Sar" de Bergondo pola problemática do transporte escolar e o comedor, cos que se comprometeu a dar traslado das súas reivindicacións ao Parlamento por medio dunha serie de preguntas para a súa resposta na Comisión de Educación.
Bergondo, 27 de febreiro de 2015. O portavoz do BNG no Parlamento galego Francisco Jorquera mantivo na tarde onte unha xuntanza con representantes da plataforma creada no CPI "Cruz do Sar" de Bergondo pola problemática do transporte escolar e o comedor, cos que se comprometeu a dar traslado das súas reivindicacións ao Parlamento por medio dunha serie de preguntas para a súa resposta na Comisión de Educación. Na mesma tamén participou o responsábel local do BNG David Carro.
Dende principios do curso pasado as nais e pais do alumnado do CPI "Cruz do Sar" teñen manifestado o seu malestar pola decisión da Consellería de Educación de non facilitar transporte escolar aos alumnos e alumnas que non fagan uso do servizo de comedor. O servizo de comedor deixou de ser gratuito para ter que asumir os pais e nais un copago de até 4,50 segundo os casos.
"Parécenos inxustificábel que os alumnos e alumnas que non fan uso do comedor, porque non queren ou porque non poden asumir o custo, teñan que agardar desde as 14:25 h. que rematan as clases, ata as 15:00 h. para facer uso do autobús gratuíto, a Consellería de Educación ten coñecemento da situación e non ofrece alternativas máis que que os pais e nais vaian ao centro a recoller ás súas crianzas, manifestou Francisco Jorquera.
"O portavoz do BNG no Parlamento Francisco Jorquera así se comprometeu coa plataforma de afectados, nunha xuntanza celebrada na tarde de onte"
Por se fose pouco, durante os 35 minutos que os nenos e nenas teñen que esperar non hai ningún responsábel do seu coidado e atención. Esta situación significa na práctica a exclusión destes nenos e nenas do servizo de transporte escolar, denunciou David Carro do BNG de Bergondo.
O grupo parlamentar do BNG esixira á Consellería algunha medida para solucionar esta situación e que reconsidere a súa decisión de establecer un copago no servizo de comedor escolar.
O BNG expresou o seu apoio de novo a plataforma de afectados como fixo dende un principio e continuará a apoiar todas aquelas accións reivindicativas en defensa dos servizos e dunha educación pública e de calidade.