MUNICIPAIS 2015
O BNG presentará a súa candidatura o domingo 26 en Guísamo
O BNG-Asembleas abertas presentará á veciñanza nun acto público a súa candidatura para as eleccións municipais este domingo día 26 ás seis e media da tarde no local social de Guísamo.
Bergondo, 24 de abril de 2015. O BNG-Asembleas abertas presentará á veciñanza nun acto público a súa candidatura para as eleccións municipais este domingo día 26 ás seis e media da tarde no local social de Guísamo. No acto de presentación intervirán o candidato do BNG-Asembleas abertas á alcaldía de Bergondo, David Carro, e o portavoz parlamentar do BNG Francisco Jorquera.
Convidamos a todos os veciños e veciñas de Bergondo a vir a coñecer ás persoas que forman parte do grupo de traballo do BNG e as nosas propostas para cambialo todo en Bergondo, explicou o candidato nacionalista, David Carro, desde o BNG afrontamos estas eleccións con moita ilusión cun equipo renovado e cun programa no que recollemos proposta da veciñanza para mellorar o noso Concello.
No acto de presentación intervirán o candidato do BNG-Asembleas abertas á alcaldía de Bergondo, David Carro, e o portavoz parlamentar do BNG Francisco Jorquera.
Na candidatura ademais de David Carro, participan Lourenzo Castro, Ana Tacón, Francisco Barreiro, Margarita Esteban, Oscar Pousada, Raíña Esteban, Xabier Seixo, José Manuel Sueiro, Ana Belén Cabana Mato, Emilio Fariña e Ana Seoane Bermúdez.