O BNG reclamou que a modificación do PXOM en Porzomillos se someta a avaliación ambiental
O BNG de Oza dos Ríos vén de presentar as alegacións á recualificación de terreo rústico para a construción dun xeriátrico en Porzomillos.
O BNG insiste en reclamar á Xunta a paralización de Monte Piñeiro
O BNG deu a coñecer o contido das alegacións que formulará á modificación puntual do Plan xeral de Miño coa que o goberno local do PP pretende levar adiante a construcción doutra macrourbanización no Monte Piñeiro.
O BNG emenda as contas de Coirós para retirar os 6000 euros que o alcalde pode repartir a dedo
O BNG presentou as súas alegacións aos orzamentos municipais, aprobados inicialmente só co voto do PP.
O BNG organiza nas Mariñas un ciclo de cinema feminista
O BNG organiza un ciclo de cinema feminista nas Mariñas. Con esta actividade buscamos concienciar á veciñanza sobre a desigualdade e a violencia en todos os aspectos da vida das mulleres.
O BNG propón suprimir os gastos en propaganda e destinalos á traída
O BNG de Oza dos Ríos presentou hoxe as alegacións ao orzamento do concello fusionado de Oza e Cesuras.
O BNG solicita a limpeza de camiños en Armuño e Espiritu Santo
O BNG de Bergondo reclamou que se limpen varios camiños públicos nos lugares de Armuño e Espiritu Santo, na parroquia de Lubre.
O BNG trasladará ao Parlamento Europeo a paralización de Monte Piñeiro
O BNG volveu reclamar no Parlamento a paralización do desenvolvemento urbanístico de Monte Piñeiro. Xa no mes de setembro do ano pasado trasladaramos ao Parlamento este tema despois de que o alcalde do PP, anunciara a súa intención de seguir adiante coa urbanización de Monte Piñeiro
O BNG presentará alegacións á recualificación para un xeriátrico privado en Porzomillos
O BNG cuestionou a recalificación que o goberno local do PP pretende facer dunha parcela en solo rústico para construír un xeriátrico privado.
O BNG considera que o PP quere convertir Monte Piñeiro nun novo Fadesa
O BNG alerta dos riscos de levar adiante a "Modificación puntual nº 3 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Miño.
O BNG denuncia a precaria situación da biblioteca municipal
Como se pode apreciar nas imaxes, goteiras e humidades marcan o día a día deste espazo público deixado por completo; ordenadores que non funcionan e que fan que non se poida facer un seguimento do préstamo de libros como se debera e a falta de fondos novos bibliográficos dende hai anos, fai que se atope totalmente desactualizada.
O BNG alegará ao "orzamento irreal" de Coirós
O BNG votou en contra da proposta de orzamentos para 2015 presentada a Pleno polo goberno do PP. A voceira do BNG en Coirós, Pura Ferreño, explicou que non pode ser que todos os anos o PP se gabe de ter un remanente positivo mentres aínda hai parte da veciñanza segue sen ter servizos básicos que o Concello está obrigado a prestar por lei, como traída ou saneamento.