FUSIÓN CONCELLOS
Busto: diante do auto do TSXG sobre a fusión o mínimo sería que o alcalde dimita
O BNG despois de coñecer o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza no recurso presentado contra a resolución do proceso de fusión dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras, que presenta unha cuestión de ilegalidade diante do constitucional, anunciou que está estudando presentar alegacións no prazo requirido.
Oza dos Ríos, 13 de febreiro de 2015. O BNG despois de coñecer o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza no recurso presentado contra a resolución do proceso de fusión dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras, que presenta unha cuestión de ilegalidade diante do constitucional, anunciou que está estudando presentar alegacións no prazo requirido.
O que mal empeza mal acaba, manifestou Estefanía Busto, que acusou ao PP de forzar a lei facendo interpretacións distintas nos dous concellos para sacar adiante a fusión como fose e as consecuencias vannas pagar as veciñas e veciños.
O PP está deixando o Concello de Oza e o de Cesuras e a súa veciñanza nunha situación de inseguridade xurídica e interinidade, que polo que parece vai para longo, asegurou. A veciñanza non viu ningunha vantaxe á fusión nin nunca lle pediron opinión en nada e agora ten que ver como o concello se convirte nun esperpento por culpa da teima do PP de sacar adiante unha operación propagandística.
Se o Partido Popular fixera o proceso con calma e con todas as garantías e tivera en conta a opinión da veciñanza e da oposición non chegariamos a este punto
Se o Partido Popular fixera o proceso con calma e con todas as garantías e tivera en conta a opinión da veciñanza e da oposición non chegariamos a este punto, asegurou, pero o PP tiña moita presa en ser o primeiro nunha carreira que non existe.
Agora o alcalde pode poñer todas as pancartas que considere, criticou, pero nunha situación como a que provocou o PP o mínimo sería a súa demisión.