FUSIÓN CONCELLOS
O BNG critica as sucesivas mentiras a respeito do sanatorio do Paraxón
O BNG de Oza dos Ríos criticou a nova saída de González Cacheiro, "Segimos a encadear mentira tras mentira a respecto do futuro do Sanatorio de Cesuras, González Cacheiro deberá explicar porque o PP non cumple o seu proxecto" afirmou Estefanía Busto, voceira do BNG en Oza dos Ríos, "o proxecto da fusión contemplaba un centro de día para persoas maiores, e agora prentenden convertelo nun negocio privado"
Oza dos Ríos, 2 de febreiro de 2015. O BNG de Oza dos Ríos criticou a nova saída de González Cacheiro, "Segimos a encadear mentira tras mentira a respecto do futuro do Sanatorio de Cesuras, González Cacheiro deberá explicar porque o PP non cumple o seu proxecto" afirmou Estefanía Busto, voceira do BNG en Oza dos Ríos, "o proxecto da fusión contemplaba un centro de día para persoas maiores, e agora prentenden convertelo nun negocio privado", engadiu Busto.
"Desde o propio Partido Popular non se dan posto de acordo en como xestionar esta fusión, que está sendo un fracaso, e as consecuencias estamos a pagalas toda a veciñanaza, que seguimos sen ver ningún dos beneficios prometidos", asegurou a portavoz nacionalista. "Que se deixen de vendernos fume e de absurdas guerras internas que ningúen cre, a única realidade é que non se cumpriu ningunha das promesas da fusión, mais aproxímanse as eleccións e hai que seguir sacando coellos da chisteira", ironizou Busto.
Que se deixen de vendernos fume e de absurdas guerras internas que ningúen cre, a única realidade é que non se cumpriu ningunha das promesas da fusión, mais aproxímanse as eleccións e hai que seguir sacando coellos da chisteira
"A rehabilitación do antigo Sanatorio e do parque do Paraxón era un dos proxectos estrela da fusión, mais até o de agora só vimos como talaban e vendían madeira" lembrou a vogal do BNG, "ao mesmo tempo que o PP pretende a construción dun xeriátrico privado en Porzomillos agora véndennos unha escola de hostelaría que ningúen demanda, e as veciñas e veciños seguimos a pagar proxectos", afirmou. "Desde o BNG propoñemos que se aproveite o antigo edificio do Sanatorio para a construción dunha residencia de titularidade pública e que o PP deixe de facer negocio a costa das necesidade da veciñanaza", concluíu.