FUSIÓN CONCELLOS

O BNG critica que o alcalde do PP colgue pancartas contra Montoro que califican de electoralistas

O BNG de Oza dos Ríos critica a nova manobra do alcalde do PP, que vén de poñer unhas pancartas denunciando a discrimiación de Montoro cara o concello fusionado, "o único que pretende González Cacheiro é botar balóns fóra e culpar os demais do fracaso da fusión; parece non lembrar que foi el quen impulsou e alabou a fusión sen ter en conta nin á veciñanza nin a oposición"

O BNG critica que o alcalde do PP colgue pancartas contra Montoro que califican de electoralistas

Oza dos Ríos, 29 de xaneiro de 2015. O BNG de Oza dos Ríos critica a nova manobra do alcalde do PP, que vén de poñer unhas pancartas denunciando a discrimiación de Montoro cara o concello fusionado, "o único que pretende González Cacheiro é botar balóns fóra e culpar os demais do fracaso da fusión; parece non lembrar que foi el quen impulsou e alabou a fusión sen ter en conta nin á veciñanza nin a oposición" informou Estefanía Busto, voceira do BNG de Oza. "Están enganado á veciñanza, foi o PP quen creou a«criatura» e agora non saben que facer con ela, con este feito o alcalde só pretende quedar ben ante a veciñanza de cara ás eleccións" afirmou Busto.

“Imos encadeando mentira tras mentira coa fusión, a veciñanza aínda non veu ningún dos beneficios que o PP se cansou de prometer, nin Sanatorio, nin ENCE, nin Coca-Cola nin o soterramento da vía do tren, ningún beneficio” afirmou a concelleira nacionalista,"desde o BNG cuestionamos esta fusión desde o comezo, e o tempo vén darnos a razón" explicou Busto “nin a Deputación, nin a Xunta nin o Estado ‘premiaron’ esta fusión, a veciñanza aínda non percibiu ningunha vantaxe, até o de agora o único beneficiado foi o alcalde que veu aumentado o seu salario”, lembrou Busto "e o alcalde lémbrase agora que están próximas as municipais" engadiu.

"O único que pretende González Cacheiro é botar balóns fóra e culpar os demais do fracaso da fusión, parece non lembrar que foi el quen impulsou e alabou a fusión sen ter en conta nin á veciñanza nin a oposición"

“O que deberían facer no PP é poñerse de acordo, xa que afirman unha cousa aquí e o seu contrario en Madrid” afirmou a voceira nacionalista. “A Xunta de Feijoo e a Deputación de Calvo preséntanse como pioneiros e auguran máis fusións, mais polo que se ve, os seus compañeiros de partido en Madrid non opinan o mesmo” recordou a voceira do BNG "Agardamos que as pancartas fosen pagadas cos seus cartos, xa que foi el só quen decidiu fusionarse, as veciñas e veciños de Oza e Cesuras non fomos consultados, así que non deberiamos ter que pagar as guerras internas do PP" indicou a voceira nacionalista; “antes de facer experimentos terán que definir que modelo territorial queren implantar"concluíu.

 

O BNG critica que o alcalde do PP colgue pancartas contra Montoro que califican de electoralistas