FUSIÓN CONCELLOS

O BNG anuncia que presentara alegacións no prazo sinalado polo TSXG

Estefanía Busto é a portavoz do BNG en Oza e Cesuras
O BNG anuncia que presentara alegacións no prazo sinalado polo TSXG

Oza dos Ríos, 18 de febreiro de 2015. O BNG demandou á Xunta que reconsidere a súa postura na fusión de Oza e Cesuras, antes de que o Tribunal Constitucional tumbe o proceso.

“Na demanda inicial que presentou o BNG hai unha alegación referida á inconstitucionalidade do artigo 32 da Lei de admnistración local de Galiza, sobre as maiorías necesarias para a fusión de concellos”, explicou a voceira do BNG en Oza dos Ríos, Estefanía Busto. “Entendemos que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) accede ás demandas do BNG ao recoñecer que o concello non podía decidir que lei aplicar".

A voceira nacionalista anunciou tamén que “presentaremos alegacións no prazo sinalado polo TSXG reiterando os argumentos que xa presentamos na nosa demanda”. “A Xunta debera actuar suspendendo cautelarmente a fusión que, como xa advertimos, foi unha chapuza e que agora deixa á nosa veciñanza nunha situación de inseguridade xurídica que non sabemos en qué vai acabar nin en qué prazos”, abundou Busto.

O BNG anuncia que presentara alegacións no prazo sinalado polo TSXG reiterando os argumentos da súa demanda

“O PP aprobou a fusión en base a un proxecto cheo de promesas propagandísticas que nunca tiveron intención de cumprir, aplicando a lei segundo o seu interese e sen nunca ter en conta a opinión da veciñanza de Oza e de Cesuras”, criticou Busto, “agora incumpren o proxecto en base ao que aprobaron a fusión, por exemplo no tema do sanatorio de Cesuras, e non pasa nada. É un fraúde a veciñanza”.

Desde o BNG insistiron en que “o lóxico sería que a Xunta tomase medidas, suspendese o proceso de fusión e tivese en conta a opinión dos veciños e veciñas dandolles información clara sobre como vai influir a fusión e non propaganda como levamos pedindo desde que se fixo público o proxecto”.

O BNG anuncia que presentara alegacións no prazo sinalado polo TSXG