FUSIÓN CONCELLOS
O BNG alegrase de que o TSXG aceptara alegacións e pase a fusión ao constitucional
O BNG recibiu un auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza confirmando que elevará cuestión de inconstitucionalidade contra a fusión de Oza dos Ríos e Cesuras.
Oza dos Ríos, 13 de marzo de 2015. O BNG recibiu un auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza confirmando que elevará cuestión de inconstitucionalidade contra a fusión de Oza dos Ríos e Cesuras. O alto tribunal estimou as alegacións que presentamos e o recurso contra o acordo irregular da fusión prosegue adiante, informou Estefanía Busto.
Agora que a Xustiza confirma que hai irregularidades abondo no proceso, é o momento de que a Xunta tome medidas no novo Concello fusionado, engadiu a voceira nacionalista. O goberno galego non pode mirar para outro lado e ten que evitar a inseguridade xurídica que o propio PP creou aplicando en cada caso e cada Concello a lei que máis lle interesaba, sostén.
O goberno galego non pode mirar para outro lado e ten que evitar a inseguridade xurídica que o propio PP creou aplicando en cada caso e cada Concello a lei que máis lle interesaba
Neste sentido, os nacionalistas reclaman que a Xunta faga valer as competencias que Galiza ten en réxime local. A lei galega é moito máis garantista que a española e o que ten que facer o goberno galego é defender as competencias do noso país e non plegarse como un vasalo ao que ordene Rajoy, insistiu.
Polo tanto, Feijóo non pode seguir mirando para outro lado despois de que o coello que tirou da chisteira coa ocorrencia da fusión lle saíra rá, advertiu Busto Dopazo. A Xunta ten que rematar coa inseguridade xurídica de todo o que fai o novo Concello fusionado e ten que defender a capacidade deste país para deseñar a planta municipal conforme ás necesidades do pobo galego, explicou.
Os nacionalistas reclaman que a Xunta faga valer as competencias que Galiza ten en réxime local.
A lei galega non vai contra a lei española, senón que a desenvolve, xa que a española fala en xeral das modificacións dos termos municipais e a lei galega establece un proceso para cada modificación concreta dos municipios explica. Neste sentido, a lei galega está a desenvolver a lei básica, e así o defenderá o BNG diante do Tribunal Constitucional, engadiu. Desde logo, se a Xunta non vai defender a norma tiña que tela modificado ou derrogado, pero non pode decidir aplicala ou non según lle conveña ao PP, que é o que vimos defendendo desde o minuto cero da fusión e o TSXG nos dá a razón, insiste Estefanía Busto. E polo tanto entendemos que non hai problema ningún en que a Xunta defenda a lei que saíu do Parlamento de Galiza, concluíu.