O BNG denuncia que o PP de Miño pide fondos para a rede natura que vai destruír con Monte Piñeiro
O BNG pediu ao goberno local que explique o proxecto de Medidas de restauración e conservación dos valores naturais na ZEC Betanzos Mandeo no concello de Miño para o que o goberno local do PP pediu unha subvención de 20.000 euros.
Miño, 12 de febreiro de 2015. O BNG pediu ao goberno local que explique o proxecto de Medidas de restauración e conservación dos valores naturais na ZEC Betanzos Mandeo no concello de Miño para o que o goberno local do PP pediu unha subvención de 20.000 euros.
Acabanse de publicar no DOG o pasado día 10 as axudas que os concellos van recibir a través dos fondos FEDER para a Rede Natura. Miño vai recibir 20.000 euros, 8994 no ano 2014 e 11.006 para este ano para conservación dos valores naturais, explicaron desde o BNG, pensamos que a veciñanza podería estar interesada en participar na conservación dos nosos bens naturais se tivesen oportunidade.
Non ten lóxica ningunha é investir cartos públicos en preservar os valores naturais e ao mesmo tempo insistir nunha urbanización como Monte Piñeiro que vai ter un impacto terrorífico sobre este espazo protexido
O mínimo será explicar en que se van investir estes fondos, que son cartos públicos, xa que non se valorou a opinión de ninguén á hora de elaborar o proxecto, nin da veciñanza nin das plataformas ou colectivos ambientalistas, indicaron.
O que si que non ten lóxica ningunha é investir cartos públicos en preservar os valores naturais e ao mesmo tempo insistir nunha urbanización como Monte Piñeiro que vai ter un impacto terrorífico sobre este espazo protexido, criticaron desde o BNG. A ZEC Betanzos Mandeo remata a excasos 50 metros de Monte Piñeiro e ao mesmo tempo piden subvencións públicas para preservar os valores naturais? Parece que é totalmente ilóxico.
Desde o BNG pediron que o Concello explicara aos veciños e veciñas e que se tivese en conta a súa opinión e colaboración no deseño do futuro de Miño, sobre todo no que ten que ver coa conservación do noso medio.
Desde o BNG pediron que o Concello explicara aos veciños e veciñas e que se tivese en conta a súa opinión e colaboración no deseño do futuro de Miño, sobre todo no que ten que ver coa conservación do noso medio. Non é de recibo que se sigan malgastando cartos de todos en obras innecesarias para favorecer exclusivamente á empresa privada. Os veciños e veciñas temos dereito a saber en que se gastan os nosos impostos, concluíron.