O BNG presenta as súas alegacións ao orzamento de Abegondo
O BNG anunciou hoxe que presentou alegacións ao orzamento municipal que foi aprobado inicialmente polo Pleno co voto en contra do BNG.
Abegondo, 28 de xaneiro de 2015. O BNG anunciou hoxe que presentou alegacións ao orzamento municipal que foi aprobado inicialmente polo Pleno co voto en contra do BNG.
Non se deu participación á veciñanza na elaboración do orzamento, explicaron desde o BNG, quen insisten en que ao tratarse de cartos públicos desde o BNG defenden que se conte coa opinión da veciñanza e dos diferentes colectivos e asociacións na redacción do mesmo.
Trátase dun documento moi pouco transparente. As partidas xenéricas e coas bolsas de vinculación xurídica fan que na práctica se permita que un crédito orzamentario sexa gastado nunha obriga diferente á prevista, indicaron, solicitamos que se especifique claramente o fin a que se vai dedicar cada partida e que se modifique a vinculación para permitir un mellor control do gasto público.
O mesmo pasa cos investimentos. Nalgúns casos non se concreta onde, e en qué se van investir os cartos de todos. Debera aumentarse o nivel de concreción dos investimentos para que toda a veciñanza poida ter coñecemento dos gastos programados, abundaron.
Desde o BNG explicaron que o gasto en atencións protocolarias e representativas sería de 21.200 euros, dos que 18.500 correspóndense con gastos protocolarios dos órganos de goberno. O gasto en publicidade e propaganda, segundo este orzamento, sería de 44.400 euros dos que 25.000 correspondería a propaganda dos órganos de goberno. Pensamos que se poderían suprimir estes gastos, ou minoralos de forma importante e aumentar o gasto en bolsas de estudos, actividades extraescolares e transporte, propuxeron os nacionalistas.
O gasto no programa de festas e festexos populares é de 54.850 euros. Un gasto excesivo, propoñemos que se reduza e este gasto e que se dedique unha parte a loita contra a violencia machista e a normalización lingüística, que non contan con partida ningunha no orzamento, engadiron.
O gasto en servizos emprestados por empresas privadas é de 802. 529 euros, aproximadamente a metade do total do capítulo de gastos en bens correntes e servizos que é de 1.764.143 euros. Consideramos esta porcentaxe de gasto en servizos privatizados excesivo
O programa de promoción do deporte está dotado con 247.600 euros, dos cales 170.000 van á partida 227.99 que é ampliábel para outros gastos contratados a unha empresa privada. Mentres o gasto no programa de fomento do emprego é só de 58.500 euros nun momento no que temos 383 persoas desempregadas no noso Concello, segundo datos de decembro do 2014, criticaron desde o BNG.
Custo dos servizos privatizados
O gasto en servizos emprestados por empresas privadas é de 802. 529 euros, aproximadamente a metade do total do capítulo de gastos en bens correntes e servizos que é de 1.764.143 euros. Consideramos esta porcentaxe de gasto en servizos privatizados excesivo, e ademais pouco concreto xa que na súa maior parte recóllese en partidas de outros servizos, indicaron desde do BNG, e concluíron solicitando que se rectifique esta dinámica e que se estude a posibilidade da xestión directa cando menos para os servizos básicos como o subministro de auga ou o saneamento.