O BNG critica que o goberno firme convenios para facerse cunha parcela que certificou como municipal
O BNG criticou que o goberno local do PP levara hoxe a Pleno dous convenios para facerse coa propiedade do terreo onde se está a executar a obra do adro da igrexa de Santa Eulalia, que será financiado a cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación do ano 2012
Abegondo, 16 de xullo de 2014. O BNG criticou que o goberno local do PP levara hoxe a Pleno dous convenios para facerse coa propiedade do terreo onde se está a executar a obra do adro da igrexa de Santa Eulalia, que será financiado a cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación do ano 2012.
Esta obra aprobouse no Pleno do concello de Abegondo no mes de novembro de 2012 e financiaríase con cargo ao POS dese ano, mais estamos en xullo de 2014 e aínda agora acábase de aprobar no Pleno un convenio para que o Concello se faga coa propiedade do terreo, explicou Nuria Iglesias, voceira do BNG en Abegondo. O orzamento da obra era de 113 850,00 euros máis IVE e o prazo inicial de execución é de seis meses. É evidente que cando esta obra foi contratada xa ía pasado o prazo inicial de execución cando máis case dous anos e varias prórrogas da Deputación para xustificar estes cartos despois.
O goberno levou hoxe a pleno os convenios despois das protestas da veciñanza da contorna e tamén diante do interese do BNG por coñecer a situación da obra, indicou a portavoz do BNG.
No subsolo instaláronse unhas prazas de garaxe, que parte delas eran de uso privado, e un depósito de gas que non aparecían no proxecto enviado á Deputación.
En novembro de 2012, o Concello certificaba que o terreo onde se ía executar a obra era xa de uso público e resulta que hoxe, dous anos mais tarde, levan a Pleno un convenio cun veciño propietario e outro que contaba co usufructo desta parcela. Parécenos como mínimo estraño, explicou a voceira do BNG. Que naquel momento o terreo non estivera inscrito no rexistro da propiedade non quere dicir que fora propiedade do Concello, como certificaron naquel momento, como é evidente porque hoxe veñen de aprobar un convenio para indemnizar aos propietarios e usufructuarios, abunda.
Ademais da obra de urbanización da praza executáronse unhas prazas de garaxe no subsolo financiadas con cartos públicos que agora, a posteriori, o Concello propuxo ceder o seu uso e a posibilidade da propiedade no futuro xa que agora sería ilegal investir cartos públicos nunha obra con propiedade privada- aos propietarios dos terreos nos que xa se está a executar a obra que, por certo levaba uns meses paralizada, informou Iglesias.
Polo que parece tamén no subsolo instalouse un depósito de gasoil para uso privado o que provocou queixas dos veciños e veciñas que teñen as súas vivendas máis preto. En ningún momento foron informados deste depósito e dubidan da seguridade de instalalo tan preto das vivendas, expuxo Nuria Iglesias, tampouco hai no expediente que se enviou a Deputación provincial constancia deste depósito nin das prazas de aparcamento no subsolo da praza.
O BNG abstívose na votación deste convenio, xa que non queremos que se perdan os cartos da subvención da Deputación por culpa da mala xestión do goberno do Partido Popular e moito menos que a obra continúe paralizada coas molestias que está a causar aos veciños e veciñas.
Abstivémonos por unha cuestión de responsabilidade, por non facer que os veciños e veciñas sufran as consecuencias das irregularidades deste goberno máis non nos parece de recibo que se pidan subvencións asegurando que é un terreo de uso público e que dous anos despois a realidade sexa outra, concluíu a voceira do BNG.
O BNG criticou tamén a adxudicación deste contrato
Según consta no expediente da Deputación a adxudicación da obra a López Cao por decreto da alcaldía o día 27 de xuño de 2013 a través dun procedemento negociado no que se convidou a tres empresas. Hai informe dun técnico municipal que indica que non se valorou máis que unha oferta porque é a única que cumpre os requisitos e que polo tanto non o cre preciso, indicou a voceira nacionalista.
Non sabemos se actuou conforme a legalidade, agora ético non nos parece que se otorguen a dedo obras públicas nas que se van investir máis de 160000 euros de todos e todas, concluíu.