Suso Domenech substituirá a Victor Meizoso como concelleiro do BNG en Abegondo
O BNG anunciou a renuncia do seu, até o de agora, portavoz en Abegondo, Victor González Meizoso, por motivos laborais e persoais que non lle permiten levar a cabo a súa actividade como concelleiro.
Abegondo, 25 de xuño de 2014. O BNG anunciou a renuncia do seu, até o de agora, portavoz en Abegondo, Victor González Meizoso, por motivos laborais e persoais que non lle permiten levar a cabo a súa actividade como concelleiro.
A responsábel do BNG das Mariñas, Cristina López, quixo trasladar a súa gratitude en nome do BNG a Victor González Meizoso polo seu traballo e dedicación durante os últimos anos coma portavoz municipal en Abegondo.
O relevo prodúcese pola imposibilidade de Victor de dedicar máis tempo por motivos persoais e laborais e a necesidade de intensificar o noso traballo en Abegondo para dar resposta as necesidades da veciñanza que confiou no BNG, explicou Cristina López.
A responsábel do BNG nas Mariñas indicou que este proceso se inscribe dentro dun proceso de cambio na propia localidade, que se realizou de forma democrática e contando coa opinión de todas as persoas que formaron parte da candidatura das eleccións municipais de 2011 para conseguir que o novo representante do BNG fose a persoa con máis dispoñibilidade e capacidade para continuar con este proxecto.
O relevo prodúcese pola imposibilidade de Victor Meizoso de dedicar máis tempo por motivos persoais e laborais e a necesidade de intensificar o noso traballo en Abegondo para dar resposta as necesidades da veciñanza que confiou no BNG
O novo concelleiro do BNG en Abegondo en substitución de Victor González Meizoso será Xesús Domenech Cienfuegos. Xesús Domenech é veciño de Orto e está vinculado desde a súa mocidade ao nacionalismo e os movementos sociais.
Espero que a miña presenza no Concello poida resultar útil para os veciños e veciñas de Abegondo e dar traslado das preocupacións e necesidades das nosas veciñas e veciños, explicou Domenech.