MUNICIPAIS 2015

Cristina López encabezará a lista do BNG en Abegondo

Cristina López é a voceira do BNG en Abegondo

O BNG-Asembleas Abertas ven de presentar o primeiro tramo da súa candidatura en Abegondo e que encabezará Cristina López. Xunto con ela integraranse no grupo de traballo de BNG-Asembleas Abertas, Xesús Domenech e Nuria Iglesias – actuales concelleiros do BNG.

Cristina López encabezará a lista do BNG en Abegondo

Abegondo, 18 de abril de 2014. O BNG-Asembleas Abertas ven de presentar o primeiro tramo da súa candidatura en Abegondo e que encabezará Cristina López. Xunto con ela integraranse no grupo de traballo de BNG-Asembleas Abertas, Xesús Domenech e Nuria Iglesias – actuales concelleiros do BNG.

No grupo de traballo figuran tamén outras veciñas e veciños tanto militantes do BNG como persoas independentes, como Víctor Souza, Gabriel Rilo, Beatriz Otero, Javier García, Tonecho Meijide ou Manuel Rodríguez Insua.

Xunto con ela integraranse no grupo de traballo de BNG-Asembleas Abertas, Xesús Domenech e Nuria Iglesias – actuales concelleiros do BNG- e outras veciñas e veciños tanto do BNG, como persoas independentes.

Cristina López é a responsábel do BNG das Mariñas e traballa no IES de Viós. “Presentamos unha lista renovada, buscando levar unha nova forma de facer política ao Concello de Abegondo” explicou. Trátase da primeira parte dun grupo de traballo, xa que “temos a vontade de crear un grupo de traballo a nivel comarcal para desaloxar dos Concellos ao PP e ao PSOE, que representan as dúas caras do mesmo sistema”.

As persoas integrantes do grupo de BNG-Asembleas Abertas asinarán un compromiso ético para asegurar que responderán ás siglas e o programa co que se presenten no vindeiro maio. “O que máis nos importa é ese compromiso ético que implica outra forma de facer política”, explicou a candidata nacionalista.

López convidou a participar a “todas as persoas que queiran cambialo todo en Abegondo e no País”. “Convidamos a todas as veciñas e veciños a que fagan propostas e participen connosco para cambialo todo en Abegondo”, concluíu.

Cristina López encabezará a lista do BNG en Abegondo