MUNICIPAIS 2015
BNG-Asembleas abertas denuncia que unha obra sen permiso do concello estraga un merendeiro publico
O BNG denunciou que o Concello está realizar unha obra dentro da finca do LIGAL para a que non pediu ningún tipo de permiso. A obra parece que é para pasar os tubos de saneamento, mais o Concello non pediu licenza nigunha e mesmo pode supor un risco xa que pola mesma zona pasan as liñas de alta tensión que levan a corriente eléctrica ao LIGAL
Abegondo, 1 de maio de 2015. O BNG denunciou que o Concello está realizar unha obra dentro da finca do LIGAL para a que non pediu ningún tipo de permiso. A obra parece que é para pasar os tubos de saneamento, mais o Concello non pediu licenza nigunha e mesmo pode supor un risco xa que pola mesma zona pasan as liñas de alta tensión que levan a corriente eléctrica ao LIGAL, explicou a candidata do BNG-Asembleas abertas en Abegondo, Cristina López.
O lóxico sería pedir un permiso e dar unha explicación de en qué vai consistir a obra ao persoal do LIGAL e aos veciños e veciñas e non comezar a facer un burato para pasar os tubos sen explicar que é o que están facendo
Os tubos de saneamento parece que van atravesar o merendero que está a carón da estrada e parece que vai conectar co edificio do LIGAL, explicou a candidata nacionalista, non entendemos que é o que van facer coas arbores e o merendero que está na finca cedida ao LIGAL.
Pensamos que o lóxico sería pedir un permiso e dar unha explicación de en qué vai consistir a obra ao persoal do LIGAL e aos veciños e veciñas e non comezar a facer un burato para pasar os tubos sen explicar que é o que están facendo, concluíu.