orzamento
Miño

O BNG de Miño vota contra uns orzamentos “continuistas e feitos de costas á oposición e á veciñanza”

O concelleiro nacionalista, Alberte G. Nicolás, criticou que o executivo municipal “incumpriu a súa palabra de avaliar as achegas dos diferentes grupos municipais aos orzamentos”

Entre as achegas do BNG figuraban medidas como o reforzo das partidas de emerxencia social e prevención da exclusión, a mellora da seguridade viaria mediante repintado da sinalización horizontal e actuacións de calmado do tráfico, a instalación de pictogramas en espazos públicos para facilitar a inclusión de persoas con TEA ou a posta en marcha dun plan integral de mantemento de beirarrúas, camiños e sumidoiros en todas as parroquias

Ler novas
Bergondo

A mellora da mobilidade centra as propostas do BNG para os orzamentos municipais 2026

David Carro: "Incidimos na implantación dunha liña de transporte interparroquial, ou no seu defecto outras propostas achegadas pola redactora do PMUS"

Nas achegas do BNG inclúense tamén outras xa aprobadas en pleno e non executadas, como o servizo de xantar na casa, a promoción e posta en valor do sector da panadaría e pastelaría locais ou a construción dunha piscina e ximnasio municipais

Ler novas
Miño

O BNG non apoiou a proposta do orzamento de 2025 e empraza ao goberno municipal a abrir vías de diálogo

Con esta postura, o BNG reafirma tanto o seu compromiso coa veciñanza de Miño como coa defensa dun modelo de xestión baseado na transparencia, o diálogo e o respecto polos acordos institucionais

Alberte G. Nicolás: “O BNG sempre mantivo a man tendida para dialogar e chegar a acordos. E seguirá a facelo, pero tamén estaremos vixiantes para esixir o cumprimento dos compromisos adquiridos”

Ler novas
Miño

O BNG propón que os orzamentos de 2024 apoien o comercio local e inclúan novos investimentos en servizos e infraestruturas

Alberte G. Nicolás: “Tendemos a man ao goberno municipal para que teña en consideración as nosas propostas que pretenden mellorar os orzamentos concretar propostas que melloren a vida da veciñanza”.

O BNG defende dar voz e participación activa ás asociacións e á veciñanza no seu conxunto na elaboración dos orzamentos, reservando unha partida de 100.000 euros para que as miñesas e miñeses decidan onde facer os investimentos. 

Ler novas
Novas

BNG aposta por construír o by-pass ferroviario como proxecto estratéxico para As Mariñas

Néstor Rego reclamará aumentar o investimento na Galiza e planificar a súa execución total: “Un de cada tres euros non foi executado en 2021.En Madrid executouse 184%, case o dobre do previsto”

A frente nacionalista reclama modernizar a rede ferroviaria interior da Galiza, o deseño de frecuencias e horarios adaptados ás necesidades das persoas usuarias e unha política tarifaria accesíbel para garantir o uso do ferrocarril

Ler novas