O BNG insta ao amaño da polideportiva de Bergondiño

David Carro: “Esta espazo deportivo precisa unha renovación do firme para poder practicar deporte en calquera data nunhas condicións óptimas"
Bergondo, 9 de abril de 2025. No pasado pleno, o BNG demandou ao Goberno Local que actúe para reparar o firme da polideportiva de Bergondiño. "Na actualidade, cando chove moito presenta unha gran cantidade de acumulación de balsas de auga, o que na práctica imposibilita a súa utilización", indicou o portavoz nacionalista, David Carro.
"Recentemente inaugurouse unha actuación neste espazo de lecer, mais precisa completarse con renovación do firme para poder practicar deporte en calquera data nunhas condicións óptimas", expuxo Carro.
"Coa chegada do bo tempo é o momento idóneo para poder executar as obras necesarias e que este espazo poida ser utilizado pola veciñanza ao longo de todo o ano, non so en época estival. Por iso urximos ao Goberno Local a tomar as medidas precisas para acondicionar este espazo”, concluíu o voceiro do BNG.