O BNG propón un ximnasio e piscina municipais no polígono
David Carro: "Consideramos que o Concello de Bergondo ten a capacidade para poder ofrecer a veciñanza este novo servizo, un novo servizo demandado en innumerábeis ocasións polos veciños e veciñas”
Bergondo, 25 de xaneiro de 2025. O BNG proporá no próximo pleno a construción dunha piscina e ximnasio municipais no polígono industrial. "Actualmente contamos no polígono cunha parcela xa calificada para dotación deportiva, co cal entendemos que esta nova infraestrutura é
"A actividade física, e sobre todo a natación, é unha recomendación médica cada vez máis habitual para todas as persoas, novas e maiores, xa que axuda a previr e combater enfermidades, favorece a coordinación, axilidade e flexibilidade, e axuda a estimulación de persoas con problemas neurolóxicos e parálise cerebral. Dotarnos desta nova infraestrutura sería de gran importancia para un bo estado de saúde da veciñanza, xa que as máquinas que actualmente se sitúan no soto da casa da cultura están infrautilizadas e, no caso da natación, a veciñanza tense que desprazar a outras localidades, no caso de atopar praza dispoñíbel", expuxo Carro.
"Consideramos que o Concello de Bergondo ten a capacidade para poder ofrecer a veciñanza este novo servizo, un novo servizo demandado en innumerábeis ocasións polos veciños e veciñas que contribuiría a dinamizar socialmente a localidade, só falta vontade e xestión" concluíu o voceiro nacionalista.