O BNG solicita que o goberno traslade os informes da tala á fiscalía
O BNG de Oza dos Ríos vén de rexistrar no Concello unha moción solicitando que se depuren responsabilidades e se dea traslado á Fiscalía sobre a tala no parque do Paraxón.
O BNG de Oza dos Ríos vén de rexistrar no Concello unha moción solicitando que se depuren responsabilidades e se dea traslado á Fiscalía sobre a tala no parque do Paraxón.
O BNG de Bergondo esixe do Goberno Local que demande a concesionaria da autopista AP9 a canalización das augas pluviais da mencionada vía ao seu paso por Miodelo, así como a reparación do vial que transcorre paralelo e que se está a estragar cada vez máis por este motivo.
O BNG-Asembleas Abertas ven de presentar o primeiro tramo da súa candidatura en Miño e que encabezará Olalla Barro. O grupo que nace da integración de persoas independentes e militantes do BNG dispostas a traballar para desaloxar de Miño as vellas formas de facer política do PSOE e do PP.
O BNG criticou que o alcalde convocara un Pleno extraordinario para debater sobre as liortas internas do propio PP.
O BNG celebrará o vindeiro sábado 21 de marzo ás 12:00 na libraría Biblos en Betanzos un encontro con Beatriz Figueroa avogada, xornalista e enferma de cancro, como ela mesma se define.
O BNG ven de facer público o primeiro tramo da candidatura que como BNG-Asembleas Abertas se presentará as eleccións municipais do vindeiro mes de maio e que encabezará Manel Pérez.
O BNG criticou que o goberno local votara no Pleno en contra da proposta para adherirse ao transporte metropolitano e facer un estudo para unir por transporte público as diferentes parroquias co centro de saúde e o Concello.
Ana Miranda, portavoz do BNG no Parlamento Europeo, visitará esta tarde a Praia de Miño para ver de primeira man a situación da Praia e as dunas e a da propia Ría de Betanzos.
O BNG fixo públicas as propostas do seu programa comarcal para As Mariñas, conclusións da xornada de traballo aberta celebrada esta mañá en Betanzos.
O BNG alegrouse de que o PP votara onte no Pleno a favor de cumprir a Lei da Memoria Histórica e se comprometese a retirar a simboloxía franquista do Concello. Non sabemos se o Concello de Coirós descoñecía a publicación da Lei de Memoria Histórica no ano 2007 ou cal é o motivo polo que nunca a cumpriu, mais onte no Pleno votaron a favor da retirada da simboloxía franquista e agardamos impacientes a que o cumpran
O BNG recibiu un auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza confirmando que elevará cuestión de inconstitucionalidade contra a fusión de Oza dos Ríos e Cesuras.
O BNG-Asembleas Abertas celebrará este sábado día 14 unha xornada de traballo aberta para elaborar o programa electoral comarcal co que se presentará as eleccións municipais do vindeiro mes de maio.