MUNICIPAIS 2015

Estefanía Busto encabezará a candidatura BNG en Oza-Cesuras

O BNG vén de facer público a candidatura que como BNG-Asembleas Abertas se presentará ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio e que encabezará Estefanía Busto. Na candidatura, ademais, estarán tamén José Manuel Neira, Rosario Naveira, Pedro Boado, Carlos Pedreira e Arantxa Sánchez.

Estefanía Busto encabezará a candidatura BNG en Oza-Cesuras

Oza dos Ríos, 14 de abril de 2015. O BNG vén de facer público a candidatura que como BNG-Asembleas Abertas se presentará ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio e que encabezará Estefanía Busto. Na candidatura, ademais, estarán tamén José Manuel Neira, Rosario Naveira, Pedro Boado, Carlos Pedreira e Arantxa Sánchez.

O grupo de traballo está formado por persoas independentes e militantes do BNG, e nace do diálogo con veciñas e veciños, persoas dispostas a mudar a vella forma de facer política do PP. "O noso principal obxectivo é a transparencia, achegar o Concello ás veciñas e veciños, implicalos na toma de decisións e rachar dunha vez coa ditadura do PP", explicou a nacionalista.

"O noso principal obxectivo é a transparencia, achegar o Concello ás veciñas e veciños, implicalos na toma de decisións e rachar dunha vez coa ditadura do PP"

"O noso nexo de unión son as ganas de mudar o actual estado de cousas, tendo como prioridade as necesidades da veciñanza, o benestar ou o emprego, sen desantender outras cuestións como a rede de saneamento, o arranxo de pistas e camiños ou a traída da auga" afirma. "Non pode ser que o PP, que gobernou os concellos de Oza e Cesuras desde a morte do dictador, poña como excusa para non ter servizos básicos en todos os núcleos que o Concello fusionado debe asumir outros servizos como a policía local", lamentou Busto.

"A actuación do PP na fusión é inadmisíbel, fronte a decisións impostas nun despacho en Santiago, nós temos alterntivas racionais" asegura. "O mantemento dun rural vivo pasa pola comarcalización de servizos, de forma que cheguen a todas as persoas e a un menor custo", engade Busto.

As e os nacionalistas tamén están a recoller propostas da veciñanza para elaborar o seu programa, "Convidamos ás veciñas e veciños a que nos acheguen as súas propostas, temos claro que estamos ao servizo do pobo, para traballar co pobo e non ás súas costas" concluíu.

Estefanía Busto encabezará a candidatura BNG en Oza-Cesuras