MUNICIPAIS 2015

O BNG-Asembleas Abertas presenta o seu programa centrado na defensa dos servizos públicos

O BNG-Asembleas Abertas de Oza dos Ríos e Cesuras vén de presentar as liñas máis importantes do seu programa de goberno, "presentamos un programa con propostas en positivo, este é un documento aberto, no que será benvida calquera achega ou suxestión que nos queiran facer as veciñas e veciños"

O BNG-Asembleas Abertas presenta o seu programa centrado na defensa dos servizos públicos

Oza dos Ríos, 11 de maio de 2015. O BNG-Asembleas Abertas de Oza dos Ríos e Cesuras vén de presentar as liñas máis importantes do seu programa de goberno, "presentamos un programa con propostas en positivo, este é un documento aberto, no que será benvida calquera achega ou suxestión que nos queiran facer as veciñas e veciños", explicou Estefanía Busto, candidata á alcaldía.

Un dos piares fundamentais será a transparencia e a participación cidadá: "É necesario abrir o concello para as veciñas e veciños, que sexan parte da toma das decisións que lles afectan, desde o BNG-AA propomos elaborar o orzamento de xeito participativo, con achegas da veciñanza e das diferentes asociacións, que saiban por exemplo en que se invisten os seus cartos ou canto cobra o alcalde", explicaron as nacionalistas. "Tamén cambiaremos a data e a hora dos plenos municipais, facilitando a súa presenza ás persoas que desexen asistir, así como a membros da corporación", engadiron.

"No referente á fusión, comprometémonos a someter a decisión a referendo popular, é evidente que foi un fracaso e non podemos cargar á veciñanza cos erros dunha decisión unilateral"

O fomento do emprego tamén ocupará un lugar importante no programa do BNG-AA, "Non podemos admitir como escusa a crise económica para a precarización do emprego, desde o BNG-AA seguimos a defender unha economía produtiva, os sectores gandeiro e forestal, o desenvolvemento de produtos artesanais e o pequeno comercio". "Temos que parar a sangría que supón a emigración xuvenil, por iso poremos en marcha espazos gratuítos de "coworking" – espazos compartidos para o traballo de diferentes empresas e autónomos - e apoiaremos o auto-emprego e á mocidade emprendedora, co fin de que fixen no municipio o seu lugar de traballo", explicaron desde o BNG-AA.

Outra liña de traballo importante será o transporte, coa proposta da posta en marcha dunha liña de autobuses que una as parroquias cos centros dos concellos, facilitando o acceso a centros de saúde, casas consistoriais, farmacias, comercios, etc.

"En canto á política fiscal e servizos públicos, apostamos pola remunicipalización de servizos como a auga e unificaremos as taxas. É inadmisíbel que se lles cobre máis pola recollida do lixo ás persoas non censadas no municipio"

"En canto á política fiscal e servizos públicos, apostamos pola remunicipalización de servizos como a auga e unificaremos as taxas. É inadmisíbel que se lles cobre máis pola recollida do lixo ás persoas non censadas no municipio". "Mantemos a nosa proposta da posta en funcionamento dun centro de día para persoas maiores, xestionado de xeito público", informaron as nacionalistas.

"No referente á fusión, comprometémonos a someter a decisión a referendo popular, é evidente que foi un fracaso e non podemos cargar á veciñanza cos erros dunha decisión unilateral", concluíron.

O BNG-Asembleas Abertas presenta o seu programa centrado na defensa dos servizos públicos