MUNICIPAIS 2015

O BNG critica que o PP repita as promesas da fusión na campaña electoral

Membros da candidatura do BNG-AA en Oza e Cesuras

O BNG de Oza dos Ríos e Cesuras critica a campaña chea de mentiras e falsas promesas que está levando a cabo o PP.

O BNG critica que o PP repita as promesas da fusión na campaña electoral

Cesuras, 19 de maio de 2015. O BNG de Oza dos Ríos e Cesuras critica a campaña chea de mentiras e falsas promesas que está levando a cabo o PP. "Continúan mentíndonos, no seu programa volven a prometer a ENCE e a Coca-Cola, dúas empresas privadas que nunca tiveron ningún compromiso co municipio”, criticou a candidata do BNG-Asembleas abertas Estefanía Busto. “O PP está a xogar coa ilusión de moitas persoas desempregadas facendo política clientelar".

"Volven a prometer a supresión do talude da vía do tren ao seu paso por Oza, a escola infantil e todas cantas promesas levan 3 anos vendendo e que nunca cumpriron. É unha tomadura de pelo", engadiu a candidata nacionalista.

“O PP está a xogar coa ilusión de moitas persoas desempregadas facendo política clientelar"

"O alcalde paséase polas casas preguntando aos veciños e veciñas que é o que queren a cambio do seu voto, como se os cartos públicos foran del", afirmaron as nacionalistas tras recibir as queixas de varios veciños e veciñas. "No PP saben que non fixeron o seu traballo, venderon o concello de Cesuras a cambio de nada e agora temen ser castigados, por iso reforzan a presión sobre a veciñanza co mercadeo de votos", denuncian desde o BNG-Asembleas Abertas.

O BNG critica que o PP repita as promesas da fusión na campaña electoral